Servizos específicos do Instituto Nacional da Seguridade Social
- Xestión, tramitación, resolución e ordenación do pagamento de pensións: Xubilación, Incapacidade Permanente, Viuvez, Orfandade e en favor de familiares.
- Xestión, tramitación, resolución e ordenación do pagamento de pensións en aplicación de normativa internacional.
- Xestión, tramitación, resolución e ordenación do pagamento de subsidios: Incapacidade Temporal por enfermidade común ou profesional, accidente non laboral, accidente de traballo, maternidade, incluído o subsidio especial por parto ou adopcións múltiples, paternidade, risco durante o embarazo e durante a lactación natural, prestacións familiares por fillor menor acollido a cargo, auxilio por defunción.
- Tramitación de indemnizacións: Lesións permanentes non invalidantes por accidente de traballo e enfermidade profesional. Incapacidade permanente parcial. Falecemento por accidente de traballo e enfermidade profesional.
- Xestión, trámite, resolución e ordenación do pagamento do Seguro Escolar.
- Xestión, tramitación e ordenación do pagamento das prestacións derivadas do Síndrome tóxico.
- Recepción de partes de baixa e alta cando os traballadores se atopan en situación de IT e a cobertura do risco corresponde ao INSS.
- Valoracións médicas para decidir a prórroga de Incapacidade Temporal, as determinacións de continxencia, o risco durante o embarazo...
- Trámite das recargas por falta de medidas de seguridade e hixiene no traballo.
- Resolución de reclamacións en materia de pensións e subsidios.
- Trámite de expedientes informativos previos á xubilación
- Expedición de tarxetas sanitarias europeas
- Recepción e comprobación das peticións, modificacións e incidencias que afecten aos pensionistas e perceptores de subsidios
- Emisión de certificados de pensións e subsidios.
- Emisión e revogación de certificados dixitais
- Información xeral sobre as prestacións da Seguridade Social e os seus trámites.
- Xestión das peticións, modificacións e incidencias de todo tipo que afecten aos pensionistas.
- Xestión das peticións, modificacións e incidencias que afecten aos perceptores de prestacións.
- Xestión e emisión de formularios de dereito para desprazarse aos países cos que España teña subscrito un convenio bilateral en materia de asistencia sanitaria.
- Presentación e trámite de queixas e suxestións.
- Tramitación automatizada das pensións de acordo coa revalorización anual conforme ao IPC previsto.
- Envío domiciliario das notificacións da revalorización de pensións, a extinción ou modificación do importe de asignacións por fillo menor acollido a cargo.
- Expedición das certificacións das retencións efectuadas a conta do imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF).
- Facturación Internacional do gasto sanitario orixinado polos asegurados doutros Estados en estada temporal en España.
- Participación e negociación nos Convenios Bilaterais que en materia de Seguridade Social subscribe España.