Contenido principal

De súpeto, tras un ruído de engrenaxes e fechaduras, a porta comeza a abrirse, dando paso a un escuro corredor con tubaxes e cousas parecidas a cables onde se pode divisar unha luz ao final.
Dani e RAY comezan a percorrer o corredor axudados pola luz que emite o robot.
A luz proviña dunhas grandes salas onde se nota gran actividade. Ao terminar o corredor, entraron nunha fábrica onde se estaban a construír uns robots. Tamén puido ver distintas portas que levaban ao que parecen ser outras salas.