Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

A participación dos cidadáns na mellora dos servizos

Os cidadáns poden colaborar na mellora dos servizos que ofrece a Administración da Seguridade Social a través de:

  • As enquisas e cuestionarios que se realizan de forma periódica.
  • As caixas de correo de suxestións e consultas.
  • As queixas e suxestións.

Como concreción dos principios de transparencia e participación e ao fin de coñecer a opinión dos cidadáns sobre a atención recibida, viñéronse implantando cuestionarios de avaliación que están situados na atención presencial na zona de atención ao público en lugar visible e accesible ou se envían ao domicilio do cidadán. Os comentarios dos cidadáns supoñen unha fonte de coñecemento da súa opinión respecto da atención que lles presta a Seguridade Social en orde a conseguir que os servizos se ofrezan de forma xenérica conforme aos compromisos de calidade fixados nas Cartas de Servizos.

Mediante a presentación de opinións e suxestións que se poden depositar nas caixas de correo existentes na sede da Dirección Provincial e en cada unha das Oficinas de atención presencial ou ben, solicitudes de información xeral que se realicen na entrada "Consultas / Caixa de correo de consultas" da páxina www.seg-social.es, se ben as respostas facilitadas a través do buzón, terán carácter meramente informativo e non terán efectos vinculantes para a Administración. Por razóns de confidencialidade, non se facilitarán datos persoais dende esta caixa do correo.

O sistema de queixas e suxestións utilízase para recoller as manifestacións de insatisfacción dos usuarios cos servizos recibidos e as iniciativas para a mellora da súa calidade.

  • As queixas e suxestións poderán realizarse de forma presencial, por correo postal ou por medios telemáticos.
    Se se presentan por correo electrónico ou a través de internet, deberán ter a sinatura electrónica do interesado.

Se as queixas ou suxestión se realizan de forma presencial, o usuario encherá e asinará o formulario establecido e poderá solicitar a axuda dos funcionarios.

  • Nas dependencias e oficinas das Entidades existe un lugar no que os usuarios poderán presentar as súas queixas e suxestións que estará sinalizado de forma visible e será de fácil acceso.
  • Formulada a queixa ou suxestións, o usuario recibirá constancia da súa presentación.
  • A unidade responsable da tramitación deberá informar ao interesado das actuacións realizadas e, no seu caso, das medidas adoptadas, no prazo máximo dos 20 días hábiles seguintes á data da súa presentación. Este prazo poderá suspenderse cando sexa preciso solicitar ao interesado as aclaracións necesarias para a correcta resolución.
  • Se o interesado non obtivese resposta transcorrido este prazo, poderá dirixirse á Inspección de Servizos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, para coñecer os motivos da falta de contestación.

A presentación de calquera queixa ou suxestión non terá a cualificación de recurso administrativo, non interrompirá os prazos establecidos no procedemento ao que puidese afectar, nin condicionará o exercicio das restantes accións ou dereitos dos interesados.

Contenido complementario
${loading}