Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Servizos e medios para relacionarse coa administración da Seguridade Social

Obxectivos

Con esta unidade preténdese:

  • Dar a coñecer os Servizos de Atención da Administración da Seguridade Social, a forma de contactar e as xestións que poden realizarse a través dos mesmos, dunha forma clara e didáctica.
  • Describir brevemente os servizos ofrecidos, medios empregados e compromisos de calidade asumidos na atención presencial aos cidadáns.

Contidos

  • Catálogo de servizos que se prestan.
  • Os medios de relación coa Administración da Seguridade Social.
  • A Calidade nos servizos e a participación dos cidadáns na mellora dos mesmos.

Lembramos que...

  • O servizo aos cidadáns é o principio básico que xustifica a existencia da Administración Pública e, polo tanto, da Seguridade Social. Principio que debe presidir toda a súa actividade, cuxas bases son os principios de transparencia e participación.
  • A Seguridade Social ten unha gran experiencia nos servizos de atención ao cidadán que se prestan a través de 3 canles, o telemático, o telefónico e o presencial, todos eles están plenamente consolidados.
  • O uso destes servizos está ao alcance de todos os cidadáns, posto que son accesibles e de fácil manexo.
  • A Seguridade Social é unha Administración cercana e moderna, onde se potencian a innovación e as últimas tecnoloxías para dar un mellor servizo ao cidadán.
  • É unha Administración proactiva, que intenta anticiparse ás necesidades da sociedade.
  • Existe un trámite telemático, o Sistema RED, que consolidouse como o mellor exponente de servizos telemáticos a empresas.
  • A Administración da Seguridade Social establece compromisos de calidade dos seus servizos a través das Cartas de Servizos e mide o grao de satisfacción dos seus clientes a través dos cuestionarios de avaliación e as queixas e suxestións.
Contenido complementario
${loading}