Contenido principal
O sistema RED
O Sistema RED é un servizo que ofrece a TGSS a empresas, agrupacións de empresas e profesionais, cuxa misión é permitir o intercambio de información e documentos entre a TGSS e os usuarios a través de Internet.
Mediante este procedemento, os usuarios poden entrar en contacto directo coa TGSS, accediendo así aos datos de empresa e traballadores, e remitirlle, por vía telemática, os documentos de cotización e afiliación e os partes médicos de baixa, sen necesidade de desprazamento físico ás oficinas e sen límite horario, e evitando o uso de papel.
Os ámbitos de actuación son os seguintes:
- Afiliación: altas, baixas e variacións de datos de traballadores, así como consultas e petición de informes relativos a traballadores e empresas.
- Cotización: presentación de documentos (Relación nominal de traballadores), tramitación de saldos acredores, e ingreso das cotas mediante domiciliación en conta ou pagamento electrónico.
- Tramitación dos partes de alta e baixa médica de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, así como os partes de confirmación, ao Instituto Nacional da Seguridade.
O sistema ofrece información xeral e particular para a incorporación ao Sistema RED, así como apoio e formación teórico práctica.
Ponse a disposición dos usuarios un sistema de atención e xestión telefónica mediante un único número telefónico a nivel nacional, con horario de atención de 9 a 19 horas, así como a posibilidade de remisión electrónica de datos as 24 horas do día, todos os días do ano e a conexión en liña á base de datos da Seguridade Social en horario de 8 a 20 horas, en días laborables.
RED Directo é un servizo que ofrece a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a pequenas empresas con 15 ou menos traballadores, a través de Internet utilizando a páxina web da Seguridade Social.
- A finalidade pretendida co Sistema RED Directo é similar ao Sistema RED normal: eliminar a xestión administrativa en papel, logrando facilitar e axilizar a relación das empresas coa TGSS, sen ter que desprazarse ás oficinas e administracións deste organismo. O RED Directo ten, ademais, un plus: a presentación dos documentos de cotización realízase utilizando, para cubrilos, os datos de afiliación de que xa dispón a TGSS, co cal se evitan erros e se mantén unha permanente revisión e control dos mesmos.
Ao Sistema RED Directo accédese dun xeito diferente en función do Certificado Dixital co que se vaia traballar:
- Con certificado Silcon, accédese a RED Directo a través da páxina web www.seg-social.es, dende a icona "Sistema RED en liña" en "Accesos de Interese".
- Con DNI electrónico accédese a RED Directo a través do seguinte enderezo:
https://w2.seg-social.es/fs/indexframes7w.html
A TGSS e o usuario comunícanse, neste Sistema, a través de mensaxes que se envían a este, a un caixa de correo persoal ao que o usuario se conecta directamente a través de Internet.
A través do Sistema RED Directo pódense utilizar as mesmas funcionalidades que co Sistema RED ordinario, en materia de afiliación e cotización, aínda que sempre de forma directa ou "en liña". Ademais, permítese a remisión dos partes de baixas médicas, altas e confirmación, derivadas de continxencias comúns e de continxencias profesionais, tanto se estas continxencias as teñen cubertas co INSS ou cunha Mutua.
Desta forma, os partes remitidos mediante RED Directo, e validados e aceptados polo INSS, dispensarán ás empresas do trámite de presentación vía papel deste documento ante calquera CAISS (Centro de Atención e Información da Seguridade Social) ou Dirección Provincial do INSS.