Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Xubilación

A pensión de xubilación é a prestación económica que se recoñece, unha vez alcanzada a idade establecida, a quen cese ou cesase, total ou parcialmente, na actividade pola que estaban incluídos no Sistema da Seguridade Social e acrediten o período de cotización fixado. Existen diversas modalidades de xubilación:

Xubilación ordinaria

É a que se produce cando o traballador cesa totalmente, a causa da idade, na súa actividade laboral e cumpre os requisitos xerais para o acceso á pensión.

Xubilación parcial

É a iniciada despois de facer os 60 anos, simultánea cun contrato a tempo parcial e vinculada ou non cun contrato de remuda. Hay que distinguir entre traballadores maiores e menores de 65 anos de idade:

Traballadores maiores de 65 anos

Os traballadores que cumprisen 65 anos e reúnan os requisitos para causar pensión de xubilación, poderán acceder á xubilación parcial sen necesidade da celebración simultánea dun contrato de remuda, sempre que se produza unha redución da súa xornada de traballo entre un mínimo dun 25% e un máximo dun 75%.

Traballadores menores de 65 anos

Os traballadores a tempo completo poderán acceder á xubilación parcial sempre que, con carácter simultáneo, se celebre un contrato de remuda, cunha duración igual ao tempo que lle falte ao traballador substituído para cumprir os 65 anos e reúna os seguintes requisitos:

  • Ter cumprido 61 anos de idade, ou 60 se o traballador tiña a condición de mutualista no 1-1-1967.
  • Acreditar un período de antigüedade na empresa de, polo menos, 6 anos inmediatamente anteriores á data da xubilación parcial.
  • Que a redución da súa xornada se atope comprendida entre un mínimo dun 25% e un máximo do 75%, ou do 85% para os supostos que o traballador remudista sexa contratado a xornada completa mediante un contrato de duración indefinida, e se acrediten 6 anos de antigüidade na empresa e 30 anos de cotización á Seguridade Social.
  • Acreditar un período previo de cotización de 30 anos.
  • Que, nos supostos en que, debido aos requirimentos específicos do traballo realizado polo xubilado parcial, o posto de traballo deste non poida ser o mesmo ou un similar ao que vaia desenvolver o traballador remudista, exista unha correspondencia entre as bases de cotización de ambos, de modo que a correspondente ao traballador remudista non poida ser inferior ao 65% da base pola que viña cotizando o traballador que acceda á xubilación parcial.

Xubilación flexible

Considérase como situación de xubilación flexible a derivada da posibilidade de compatibilizar, unha vez causada, a pensión de xubilación cun contrato a tempo parcial (redución da xornada entre un 25% e un 85%-75%), coa consecuente minoración da pensión en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo do pensionista, en relación á dun traballador a tempo completo comparable.

Xubilación anticipada

  • Para os traballadores en alta ou asimilada, a idade de 65 anos pode ser rebaixada, en determinados casos, mesmo ata os 60 ou menos anos, (discapacitados, normas transitorias, traballos de natureza penosa, minería, ferroviarios, etc); xubilación especial aos 64 anos…
  • Dende o 1 de xaneiro de 2002, existe a posibilidade de acceder á xubilación anticipada a partir dos 61 anos de idade, cando o traballador teña acreditados 30 anos de cotización, a extinción do contrato de traballo non produciu por causa a el imputable e se atope inscrito como demandante de emprego durante un prazo de, polo menos, 6 meses inmediatamente anteriores á xubilación

Requisitos xerais para a xubilación

Son beneficiarios os traballadores que reúnan as seguintes condicións:

  • Campo de aplicación e alta. Estean u estivesen incluídos no campo de aplicación do Sistema, afiliados, e en situación de alta (ou non) ao causar a pensión.
  • Idade. Como regra xeral, e agás as excepcións indicadas, esíxese ter feitos os 65 anos.
  • Período de cotización. O período mínimo de cotización esixido é de 15 anos, dos cales, polo menos 2, deben estar comprendidos dentro dos 15 anos inmediatamente anteriores ao momento de causar o dereito; nos supostos en que se acceda á pensión de xubilación dende unha situación de alta ou asimilida, sen obriga de cotizar, o período de 2 anos deberá estar comprendido dentro dos 15 anos anteriores á data en que cesou a obriga de cotizar.
  • Feito causante. Debe producirse o feito causante, é dicir, o cesamento na actividade laboral cando o traballador estea en alta, ou a presentación da solicitude da pensión nos demais casos.
Contenido complementario
${loading}