Servizos específicos da Tesourería Xeral da Seguridade Social
- Inscrición de empresas e asignación de código/s de Conta de Cotización Principal e Secundarios.
- Apertura, variación e baixa de Códigos de Conta de Cotización.
- Variacións de datos e baixa de empresarios.
- Opción da cobertura de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, se a mesma se realiza co Instituto Nacional da Seguridade Social, así como, no seu caso, a opción de cobertura de incapacidade temporal coa mesma Entidade.
- Xestión da colaboración na prestación económica da incapacidade temporal.
- Asignación de Número da Seguridade Social.
- Altas, baixas e variación de datos de traballadores nos distintos réximes que compoñen o Sistema da Seguridade Social.
- Opción da cobertura de incapacidade temporal e/ou de accidentes de traballo e enfermidade profesional nos traballadores por conta propia en que se permite esta posibilidade.
- Anotación Teléfono e Correo Electrónico do Empresario.
- Xestión de traballadores desprazados a realizar unha actividade a outro país.
- Tramitación e resolución de Convenios Especiais nas súas diferentes clases, con obxecto de manter a cobertura de Seguridad Social en función das distintas prestacións cubertas polos mesmos.
- Informes de vida laboral e de situación aos traballadores, polo medio establecido.
- Informes de vida laboral e empresa a aquelas que o solicitan, polo medio establecido.
- Confección de boletíns de cotización daquelas empresas, con menos de 10 traballadores, que así o soliciten.
- Xestión de liquidacións que arroxen saldo acredor a favor do suxeito responsable, por ter realizado as compensacións ou deducións a que teñan dereito, e que poden presentarse a través da canle telemática ou presencial nas Administracións da Seguridade Social.
- Devolución de ingresos indebidos: Información a empresas e traballadores sobre a formalización de solicitudes e documentación a achegar, comprobación ingreso indebido e resolución.
- Tramitación das solicitudes de aprazamento de pagamento das débedas contraídas coa Tesourería Xeral da Seguridade Social, cando os suxeitos responsables non poden facer fronte ao ingreso correspondente, así como o seguimento do cumprimento dos aprazamentos concedidos.
- Xeración, emisión e notificación de reclamacións de débeda e das providencias de prema que inician a vía executiva, así como o seguimento das mesmas ata o seu cobro, anulación ou data.
- Actos de xestión recadatoria de Actas de liquidación e Actas de infracción.
- Expedición de informes de bases de cotización de carácter anual aos traballadores do Réxime Xeral e Especial do Mar coas bases de cotización declaradas polas empresas nas que prestan servizos durante o exercicio anterior.
- Remisión anual das bases de cotización dos últimos 15 anos aos traballadores que teñan 60 ou máis anos.
- Expedición de informes e certificados sobre situación de cotización.
- Expedición de certificados de ingresos de cotas no exercicio económico.
- Cambios de datos de cotización de traballadores.
- Solicitudes de distribución de topes de cotización por pluriemprego.
- Resolución de alegacións e recursos sobre reclamacións de débeda e providencias de prema.