Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Medidas que aseguran a igualdade de xénero, facilitar o acceso e mellorar as condicións da prestación do servizo da Seguridade Social

A Seguridade Social adopta continuamente medidas para asegurar a igualdade de xénero entre mulleres e homes. Para alcanzar este obxectivo analiza e corrixe as actuacións e condutas que impidan ou dificulten o respecto ao principio de igualdade de trato entre homes e mulleres. Redacta as comunicacións escritas cunha linguaxe clara, directa, comprensible e non sexista.

Para facilitar o acceso aos servizos das persoas con limitacións de mobilidade elimina as barreiras arquitectónicas. O deseño das súas oficinas é funcional, sinxelo e cómodo.

As súas oficinas reúnen as condicións ambientais, materiais e espaciais que facilitan un ambiente adecuado para a comunicación co cidadán.

Contenido complementario
${loading}