Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Prestacións por incapacidade permanente

Na modalidade contributiva, é incapacidade permanente a situación do traballador que, despois de estar sometido ao tratamento prescrito e ser dado de alta medicamente, presenta reducións anatómicas ou funcionais graves, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral.

A incapacidade permanente, calquera que sexa a súa causa determinante, clasifícase conforme aos seguintes graos:

  • Incapacidade permanente parcial para a profesión habitual.
  • Incapacidade permanente total para a profesión habitual.
  • Incapacidade permanente absoluta para todo traballo.
  • Grande invalidez.

Enténdese por Incapacidade permanente parcial para a profesión habitual a que, sen alcanzar o grao de total, ocasione ao traballador unha diminución non inferior ao 33 % no seu rendemento normal para esta profesión, sen impedirlle a realización das tarefas fundamentais daquela.

Enténdese por Incapacidade permanente total para a profesión habitual a que inhabilite ao traballador para a realización de todas ou das fundamentais tarefas desta profesión, sempre que poida dedicarse a outra distinta.

Enténdese por Incapacidade permanente absoluta para todo traballo a que inhabilite por completo ao traballador para toda profesión ou oficio.

Enténdese por Grande Invalidez a situación do traballador afecto de incapacidade permanente e que, como consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesita a asistencia doutra persoa para os actos máis esenciais da vida, tales como vestirse, desprazarse, comer e análogos.

Nos casos de accidente, sexa ou non de traballo, enténdese por profesión habitual a desempeñada normalmente polo traballador ao tempo de sufrilo; en caso de enfermidade común ou profesional, aquela á que o traballador dedicaba a súa actividade fundamental durante os doce meses anteriores á data en que se iniciase a incapacidade temporal.

As situacións de incapacidade permanente darán dereito ás correspondentes prestacións se se reúnen as condicións establecidas.

Contenido complementario
${loading}