Servizos específicos do Instituto Social da Mariña
- Xestión do Réxime Especial dos Traballadores do Mar.
- Asistencia sanitaria a bordo no estranxeiro mediante: Centro Radio-Médico, Banco de Datos, Centros no Estranxeiro e Buques Sanitarios.
- Formación Sanitaria mediante a Guía Sanitaria a Bordo, Recoñecementos Médicos de Embarque Marítimo, Inspección e Control dos medios sanitarios a bordo, etc.
- Formación e promoción Profesional impartidas nos seus dous Centros Nacionais de Formación Marítima e nas Direccións Provinciais.
- Programas Formativos e de Cooperación Técnica Internacional.
- Asistencia aos traballadores a bordo ou nos portos (nacionais e estranxeiros) en cumprimento do Convenio 163 e Recomendacións 138 e 173 da Organización Internacional do Traballo (OIT).
- En cumprimento do Convenio 9 da OIT as accións competentes ao Servizo Público de Emprego respecto do sector do mar.