Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Maternidade

A partir do ano 1995 a maternidade configurouse como unha continxencia específica, desligada da incapacidade laboral transitoria, á que ata entón se asociaba. O fin último da protección, o coidado do menor e a potenciación da relación na afectividade nai/fillo, máxime nos primeiros momentos da existencia deste, xustifican esa separación.

Para a prestación por maternidade, considéranse situacións protexidas a maternidade, a adopción e o acollemento tanto preadoptivo como permanente ou simple, de conformidade co Código Civil ou as leis civís das Comunidades Autónomas que o regulan, sempre que neste último caso a súa duración non sexa inferior a un ano, e aínda que estes acollementos sexan provisionais, durante os períodos de descanso que por estas situacións gozan legalmente os traballadores.


Maternidade

Contenido complementario
${loading}