Contenido principal
Incapacidade temporal
É a situación na que se atopa o traballador cando está imposibilitado temporalmente para traballar e precisa asistencia sanitaria da Seguridade Social.
Son beneficiarios os traballadores afiliados e en alta, que teñan cuberto un período mínimo de cotización de 180 días dentro dos 5 anos anteriores á data da baixa, cando esta se deba a enfermidade común. En caso de accidente ou enfermidade profesional, non se esixe período previo de cotización.
Contía sobre a base reguladora | Nacemento do dereito | Duración da situación | |
---|---|---|---|
Enfermidade Común e accidente non laboral | 60% (4º ao 20º día) * 75% (dende o 21º) |
4º día | 365 días + 180 días de prórroga |
AT e EP | 75% | Día seguinte ao accidente ou baixa (Día da baixa, a cargo da empresa) |
365 días + 180 días de prórroga |
Período de observación | 6 meses + 6 |
* Do 4º ao 15º día, a cargo da empresa
** Tamén, aos 365 días, o INSS pode emitir alta ou iniciar expediente de incapacidade permanente
Aboamento do subsidio.........................................mentres dura a IT
Folga e peche patronal...................................non existe dereito