Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Etapa de configuración normativa (1962 - 1978)

Nesta etapa, apróbanse as bases dun sistema integrado de Seguridade Social de alcance profesional con declaración de universalidade subxectiva e obxectiva ao intentar amparar toda a poboación e respecto de todas as prestacións.
Os seus fitos principais son:

Lei de Bases da Seguridade Social de 1963.

A Lei de Bases da Seguridade Social e os seus textos articulados I e II (1966 e 1974), unifican e integran os distintos seguros sociais e emerxe un novo sistema de Seguridade Social que reordena a acción protectora dende parámetros eminentemente contributivos cara ao colectivo dos traballadores por conta allea e as súas familias, e só parcialmente compartida por outros sectores profesionais de menor capacidade contributiva.
O 1 de xaneiro de 1967 comeza a vixencia do novo sistema de Seguridade Social.

Lei de Financiamento e Perfeccionamento de 1972.

Para resolver os problemas financeiros herdados do antigo mutualismo, defínese unha estrutura de cotización maior, calculada no Réxime Xeral de acordo cos salarios reais e no resto de Réximes Especiais, que define a Lei de Bases, en atención á distinta natureza e condicións de certas actividades profesionais, conforme a unhas bases mínimas ou de acordo co acordado en procedementos negociados. Así mesmo, mellórase o campo da acción protectora e iníciase a progresiva homologación entre Réximes.

Non obstante e aínda cando as citadas normas prevexan que as achegas do Estado terán carácter progresivo e que se constitúan nun recurso ordinario da Seguridade Social, na práctica son as cotizacións sociais as que soportan a maior parte do financiamento dos servizos e prestacións da acción protectora. En consecuencia, as prestacións seguen sendo insuficientes e o sistema de protección social ten escasa relevancia no conxunto da economía nacional.

Outras notas que caracterizan esta segunda etapa son: a atribución da xestión da Seguridade Social ao Estado e a separación entre un Réxime Xeral e varios Réximes Especiais.

Contenido complementario
${loading}