Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Elaboración do orzamento

Todos os anos a finais de maio ou primeiros de xuño publícase unha Orde Ministerial pola que se ditan as normas para a elaboración dos anteproxectos de Orzamentos da Seguridade Social que deberán ser remitidos á Dirección Xeral de Ordenación Económica da Seguridade Social no prazo máximo de vinte días dende a súa publicación no Boletín Oficial do Estado.

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social integrará o anteproxecto de orzamento da Tesourería Xeral da Seguridade Social cos elaborados polas Entidades Xestoras, Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, os anteproxectos de Orzamentos doutras Institucións para elaborar o anteproxecto de Orzamento da Seguridade Social, que se remitirá ao Ministerio de Economía e Competitividade para elevalo conxuntamente ao Goberno para a súa aprobación e inclusión no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado.

O proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado unha vez aprobado polo Consello de Ministros será remitido ás Cortes Xerais antes do día un de outubro do ano anterior ao que se refira. Xunto co Proxecto de Lei débese adxuntar unha serie de memorias explicativas do gasto que se propón e entre outros documentos as contas e balances da Seguridade Social do ano anterior.

Esta documentación está xustificada polo feito de que esta Lei ten unha natureza mixta xa que aúna unha función lexislativa con outra de control da actuación do Goberno.

Nas Cortes tramitarase como unha Lei máis. Primeiro o pleno do Congreso dos Deputados votará a súa admisión xenérica ou as emendas á totalidade presentadas polos grupos parlamentarios, que de prosperar supoñen a devolución do texto íntegro ao Goberno. Superado ese trámite estúdanse as emendas parciais cuxa capacidade de modificación do texto está suxeita á non alteración do equilibrio orzamentario, primeiro polas comisións existentes e logo sometidas ao pleno do Congreso. Unha vez aprobado o texto nesta Cámara pásase ao Senado, onde se fai unha segunda lectura, que é aproveitada polos grupos parlamentarios para intentar modificacións que non se puideron propor na fase anterior, pero tendo en conta que as posibilidades de alteración son moi limitadas. Aprobado no Senado volve ao Congreso para unha última votación e aprobación do texto definitivo.

Este proceso debe estar concluído, incluída a publicación do texto no Boletín Oficial do Estado, antes do 31 de decembro. Para o suposto de que esto non fose posible, a Lei Xeral Orzamentaria establece a prórroga automática dos orzamentos iniciais do exercicio anterior.

Contenido complementario
${loading}