Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Caracteres

A protección a través de prestacións non contributivas, en maior ou menor grao, comezou a configurarse a partir da década dos oitenta, na que o Estado inicia unha lenta reforma progresista do Sistema da Seguridade Social, representada principalmente polos seguintes carácteres:

  • Ámbito subxectivo, que fai referencia á inclusión no campo de aplicación do sistema de todas aquelas persoas que, por calquera causa, non cotizasen nunca ou o suficiente para poder causar dereito ás súas prestacións, e que non dispuxesen de recursos suficientes para manter un mínimo nivel de vida.
  • Financiamento, manifestada nas prestacións con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado, posto que se trata dun modelo que supón a existencia dunha relación xurídica de protección directa entre o Estado e os suxeitos protexidos, que non o son en canto suxeitos dunha relación laboral ou de actividade por conta propia.
  • Xestión, de carácter público, de igual modo que no nivel contributivo e lévase a efecto tamén por Entidades xestoras especializadas, así:
    • A xestión das pensións de xubilación e invalidez corresponde á Entidade Xestora do Sistema de Seguridade Social que ten competencias tamén en canto ás prestacións complementarias, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) ou aos órganos competentes das Comunidades Autónomas que teñen transferidas as funcións e servizos daquel.
    • A xestión e o recoñecemento das prestacións económicas de protección familiar realízase a través do Instituto Nacional de Seguridade Social (INSS).
    • A materialización da prestación de asistencia sanitaria efectúase a través do servizo competente das Comunidades Autónomas ou polo Instituto Nacional de Xestión Sanitaria (INGESA) nas cidades de Ceuta e Melilla.
    • A xestión do subsidio por desemprego ou nivel asistencial desenvólvese a través do Servizo Público de Emprego Estatal.

Actualmente, o IMSERSO e o INSALUD (INGESA) teñen transferidas as súas competencias a todas as Comunidades Autónomas, agás ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla.


Caracteres

Contenido complementario
${loading}