Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Antecedentes e Modelo Actual do Sistema Español de Seguridade Social

En todos os países, a Seguridade Social é unha consecuencia da evolución da sociedade e está condicionada tanto polas demandas que o conxunto social aspira a satisfacer, como polas potencialidades do ambiente económico en que aquela se desenvolve.

A formación e evolución da Seguridade Social en España, ata chegar ao modelo actual, caracterízase pola existencia dunha serie de etapas cuxa delimitación temporal pode realizarse de acordo coas sucesivas medidas políticas, xurídicas e organizativas que foron conformando a protección social en sentido amplo.

A grandes rasgos, a evolución da Seguridade Social española vén marcada por tres etapas fundamentais:

  • Etapa de definición prestacional e institucional (1900 - 1962).
  • Etapa de configuración normativa (1962 - 1978).
  • Etapa de consolidación do sistema de protección social como manifestación do Estado do Benestar (dende 1978 ata os nosos días).
Contenido complementario
${loading}