Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Sistema Especial para Empregados de Fogar

A partir do 1 de xaneiro de 2012, o titular do fogar familiar para quen o traballador realice labores domésticas, deberá inscribirse como empregador na Seguridade Social e dar de alta á persoa que presta servizos, calquera que sexa o número de horas, e declarando, entre outros extremos, a retribución mensual que aboa á mesma.

A cotización estará en función das retribucións percibidas. En todos os casos o responsable do ingreso, tanto das achegas do empregador como as do traballador, será sempre o empregador.

O procedemento de ingreso realizarase, de maneira obrigatoria, mediante domiciliación bancaria ou cargo en conta.

A acción protectora que outorga este Sistema, dentro do Réxime Xeral ao que pertence, non comprenderá a correspondente a desemprego.

Contenido complementario
${loading}