Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Nivel asistencial da protección por desemprego

O nivel asistencial está destinado a desempregados que por diferentes motivos non puideron volver a traballar ou acceder á prestación contributiva de desemprego; finánciase a través das achegas do Estado, e consta dunha prestación económica e do aboamento á Seguridade Social da cotización correspondente a algunhas continxencias.

Son beneficiarios do subsidio por desemprego os parados que figuren inscritos como demandantes de emprego, sen rexeitar oferta de emprego adecuada nin negarse a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais, e que carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao 75 por 100 do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, sempre que se atopen nalgunhas das seguintes situacións:

  • Esgotar unha prestación contributiva de desemprego e ter responsabilidades familiares.
  • Esgotar unha prestación contributiva de desemprego de, polo menos, 360 días de duracción, carecer de responsabilidades familiares e ser maior de 45 anos de idade na data do esgotamento.
  • Non ter dereito a prestación contributiva, se se cumpren certos requisitos (período de cotización mínimo e/ou responsabilidades familiares).
  • Nas condicións previstas, ser emigrante retornado, liberado de prisión ou inválido rehabilitado procedente das situacións de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.

A duración da prestación e a cotización á Seguridade Social está en función da modalidade de subsidio á que teña dereito o beneficiario. Estas modalidades son:

  1. Subsidio por desemprego. A contía é equivalente ao 80 por 100 do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) mensual vixente en cada momento. No exercicio de 2011, o IPREM mensual quedou fixado en 532,51 €, polo tanto, o subsidio será de 426 €.
  2. Subsidio por desemprego para traballadores maiores de 52 anos. A contía neste caso é idéntica á anterior. Poden percibir o subsidio ata alcanzar a xubilación.
  3. Subsidio especial para traballadores maiores de 45 anos que teñan esgotado a prestación por desemprego de 24 meses. A contía oscila entre o 80 por 100 do IPREM (traballador cun ou ningún familiar ao seu cargo); o 107 por 100 (dous familiares ao seu cargo) e o 133 por 100 (tres ou máis familiares ao seu cargo).
Contenido complementario
${loading}