Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Seguro escolar

Procedemento

Procedemento de Seguro Escolar

Información xeral


Obxecto:

É un Seguro que protexe aos estudantes, menores de 28 anos, que cursen estudos oficiais dende  3º de  Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.), ata o final do 3º ciclo universitario,  mediante prestacións sanitarias e económicas, en caso de enfermidade , accidente escolar e infortunio familiar.

Causantes:

O estudante.

Prestacións:
  • Accidente escolar: asistencia médica e farmacéutica, indemnizacións económicas por incapacidade e gastos do enterro.
  • Enfermidade: Asistencia médica, asistencia farmacéutica e gastos de enterro. Inclúe a cirurxía xeral, neuropsiquiatría, tocoloxía, tuberculose pulmonar e ósea. En determinados casos pódense outorgar prestacións de fisioterapia, quimioterapia, radioterapia, cobaltoterapia  e cirurxía maxilofacial.
  • Infortunio familiar: Prestación económica por falecemento do cabeza de familia ou  ruína familiar.
Beneficiarios:

O beneficiario das prestacións do seguro escolar é o estudante, agás nas indemnizacións por falecemento por accidente ou enfermidade, no que o serán os familiares.

Máis información sobre beneficiarios

Requisitos:
  • Ter menos de 28 anos, ser español ou estranxeiro con residencia legal en España.
  • Estar matriculado nos estudos comprendidos no seguro e aboar a cota.
  • Acreditar un ano de seguro.

    Este último requisito non se esixe para as prestacións derivadas de accidente escolar, infortunio familiar e tocoloxía, nin tampouco aos estudantes que o ano anterior cursasen 2º de ESO, educación especial ou que continuasen os seus estudos no estranxeiro.

Máis información sobre requisitos  

Contías / Pagamentos / Efectos:

Distintas contías  dependendo da prestación.

O pagamento das prestacións económicas pode ser pagamento directo na entidade financeira que teña asignada a Dirección Provincial do INSS  ou por transferencia na entidade financeira elixida na solicitude.

Duración:

Dependendo da clase de prestación,  a duración varía.

Prazos:

O prazo para solicitar as prestacións derivadas de accidente escolar é dun ano.

O prazo para solicitar  gastos de enterro, infortunio familiar  e outras prestacións económicas é de cinco anos.

O recoñecemento ou denegación das prestacións do Seguro Escolar resolveranse e notificaranse nun prazo máximo de 90 días.

Denegación / Extinción:

O director provincial do INSS ditará resolución concedendo ou denegando a prestación solicitada.

Impresos:

Solicitude de prestación do seguro escolar

Documentación:
  • DNI  ou libro de familia. Documento acreditativo da identidade, para os estranxeiros 
  • Estudantes non universitarios: Certificado do centro de estudos
  • Estudantes universitarios: Resgardo do impreso de matrícula
  • Documentación específica para  cada prestación  

Máis información sobre documentación

Ónde tramitalo:

En calquera dos centros de atención e información da Seguridade Social.

Entidade competente:

O recoñecemento do dereito e pagamento das prestacións é competencia da Dirección Provincial do  Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) onde se presentou a solicitude. No caso de prestacións sanitarias, será competente a Dirección Provincial do INSS da provincia onde se prestase a asistencia sanitaria.

Outros datos de interese:

Preguntas máis frecuentes

Complementary Content
${loading}