Contenido principal
O modelo actual de Seguridade Social.<br/>Nivel básico de protección - Nivel contributivo ou profesional - Nivel complementario de protección
Obxectivos
Con esta unidade preténdese que os alumnos:
- Comprendan e entendan o tratamento que a Constitución Española realiza en relación coa Seguridade Social e as súas liñas mestras.
- Articulen o modelo español de Seguridade Social, a partir dos distintos niveis de protección que se recoñecen e en concreto do nivel básico de Seguridade Social (Non contributivo).
Contidos
- Nivel básico de protección.
- Características: Ámbito Subxectivo, Financiamento e Xestión.
- Contido: Pensións, Prestacións e Servizos.
Lembramos que...
- De acordo co proclamado no art. 41 da Constitución, o Sistema de protección da Seguridade Social, materialízase a través de dúas modalidades ou niveis: Unha modalidade contributiva e outra non contributiva.
A estes niveis hai que engadir un terceiro de carácter libre: Fondos e Plans de Pensións.