Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Organigrama

O organigrama que se amosa a continuación presenta os Organismos e Entidades que integran a Seguridade Social.

Como órgano superior atópase o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, do que depende a Secretaría de Estado da Seguridade Social. Como órgano de apoio e asistencia inmediata ao Secretario de Estado existe un Gabinete, cun nivel orgánico de Subdirección Xeral.

Á súa vez, da Secretaría de Estado dependen a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, a Intervención Xeral da Seguridade Social e o Servizo Xurídico da Administración da Seguridade Social.

A xestión do Sistema de Seguridade Social español atribúese, entre outros, aos seguintes entes públicos con personalidade xurídica propia, adscritos ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social a través da Secretaría de Estado da Seguridade Social: o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), o Instituto Social da Mariña (ISM), a Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) e a Xerencia de Informática da Seguridade Social.


Organigrama

Contenido complementario
${loading}