Contenido principal
Secretaría de Estado da Seguridade Social
Á Secretaría de Estado da Seguridade Social, baixo a superior autoridade do Ministro, correspóndelle as funcións de dirección e tutela das Entidades Xestoras e Servizos Comúns da Seguridade Social; o impulso e a dirección da ordenación xurídica do sistema da Seguridade Social; a dirección e coordinación da xestión dos recursos financeiros e gastos da Seguridade Social e a planificación e tutela da xestión exercida polas entidades colaboradoras da Seguridade Social.
Da Secretaría de Estado dependen os seguintes ÓRGANOS DIRECTIVOS E UNIDADES:
- Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social
- Intervención Xeral da Seguridade Social
- Servizo Xurídico da Administración da Seguridade Social
- Instituto Nacional da Seguridade Social
- Instituto Social da Mariña
- Tesourería Xeral da Seguridade Social
- Xerencia de Informática da Seguridade Social
Por outro lado, teñen dependencia doutras Secretarías de Estado ou Ministerios os seguintes organismos:
- Instituto de Maiores e Servizos Ssociais
- Servizo Público de Emprego Estatal
- Instituto Nacional de Xestión Sanitaria
A colaboración na xestión da Seguridade Social, atribuída ás Entidades Xestoras, lévase a efecto polas Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social e as empresas, baixo diversas fórmulas como se pode ver no seguinte esquema: