Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Réximes especiais

Integración do Réxime Especial Agrario no Réxime Xeral:

Os traballadores por conta allea agrarios incluídos no REA, así como os empresarios aos que prestan os seus servizos, quedan integrados, con efectos do 01-01-12, no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun Sistema especial para estes traballadores,  tendo dereito ás prestacións da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no  Réxime Xeral, coas particularidades establecidas  regulamentariamente (Lei 28/2011, do 22 de setembro).

Integración do Réxime Especial de Empregados de Fogar no Réxime Xeral:

Con efectos do 01-01-2012, o Réxime Especial dos Empregados de Fogar queda integrado no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun sistema especial para estes traballadores, quen terá dereito ás prestacións da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral, coas peculiaridades que se determinen regulamentariamente (Lei 27/2011, do 1 de agosto). 

Requisitos xerais esixidos

Os requisitos xerais para causar dereito á prestación, nos Réximes Especiais, son os seguintes:

  • Estar en alta no Réxime correspondente.
  • Estar ao corrente no pagamento das cotas das que sexan responsables directos os traballadores, aínda que a prestación sexa recoñecida, como consecuencia do cómputo recíproco de cotizacións, nun réxime de traballadores por conta allea.
    • Para tales efectos, será de aplicación o mecanismo de invitación ao pagamento previsto no |art.  28.2 do Decreto 2530/1970, do 20 de agosto, calquera que sexa o réxime de Seguridade Social en que o interesado estivese incorporado, no momento de acceder á prestación ou no que cause esta.

    • Cando ao interesado se lle considere ao corrente no pagamento das cotizacións para os efectos do recoñecemento dunha prestación, en virtude dun aprazamento no pagamento das cotas debidas, pero posteriormente incumpra os prazos ou condicións do devandito aprazamento, perderá a consideración de atoparse ao corrente no pagamento e, en consecuencia, procederase á suspensión inmediata da prestación recoñecida que estivese a percibir, a cal soamente poderá ser rehabilitada unha vez que salde a débeda coa Seguridade Social na súa totalidade. A tal fin, a Entidade Xestora da prestación poderá detraer de cada mensualidade percibida polo interesado a correspondente cota debida.

Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos

A prestación recoñécese coas seguintes particularidades:

Situación protexida:

O período de interrupción da actividade profesional durante o período da lactación natural, cando o desempeño desta puidese influír negativamente na saúde da traballadora ou na do fillo, e así o certifiquen os servizos médicos do INSS ou Mutua Colaboradora coa Seguridade Social competente.

Beneficiarias:

As traballadoras por conta propia que interrompesen a súa actividade profesional por atoparse nesta situación, sempre que cumpran os requisitos xerais esixidos na data en que se produza a interrupción.

Prestación económica:

A prestación consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora:

  • A equivalente á que estea establecida para a prestación por incapacidade temporal (IT) derivada de continxencias profesionais, tomando como referencia a data en que sexa emitido o certificado polos servizos médicos do INSS ou da Mutua, ou
  • A equivalente á establecida para a prestación por IT derivada de continxencias comúns cando o réxime de que se trate non contemple a cobertura das continxencias profesionais e cando non se mellorase voluntariamente o ámbito da acción protectora, incorporando a protección desta situación ou a das continxencias profesionais.

Nacemento do dereito e duración:

  • O dereito nace o día seguinte a aquel no que se emite o certificado médico polos servizos médicos da Entidade xestora ou colaboradora competente, se ben os efectos económicos produciranse, en calquera caso, dende a data do cesamento efectivo na actividade profesional correspondente.
  • Aboarase durante o período necesario para a protección da saúde da traballadora e/ou do fillo (como máximo ata que este faga os 9 meses de idade) agás que aquela continúe a súa actividade profesional ou se incorpore a outra compatible coa súa situación. 

Extinción:

  • Por facer o fillo 9 meses de idade.
  • Por reanudación da actividade profesional desempeñada pola traballadora.
  • Por causar baixa no réxime especial da Seguridade Social no que estivese incluída.
  • Por interrupción da lactación
  • Falecemento da beneficiaria.

Xestión / Pagamento:

  • A xestión e o pagamento serán levados a cabo pola Entidade xestora ou a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social coa que a traballadora por conta propia tivese formalizada a cobertura das continxencias profesionais, tanto se é obrigatoria como voluntaria.
  • Cando a traballadora non formalizase a cobertura dos riscos profesionais, pero teña cuberta a protección por IT derivada de continxencias comúns, será competente a Entidade xestora ou colaboradora que cubra esta situación.
  • Nos supostos de traballadoras incluídas no RETA  que non tivesen cuberta a protección por IT derivada de continxencias comúns, cando tal protección sexa opcional, a xestión da prestación corresponderá á Entidade xestora.
  • O pagamento corresponderá á entidade que resulte competente na data de inicio de efectos económicos da prestación, con independencia de que durante a situación de risco se produza un cambio da entidade que cubra as continxencias comúns ou profesionais, segundo os casos.

Declaración de situación da actividade:

As traballadoras incluídas no RETA , con excepción das integradas no Sistema especial de traballadores por conta propia agrarios (SETA) ou das traballadoras autónomas economicamente dependentes (TRADE), presentarán, se a Entidade Xestora o estima conveniente, unha declaración de situación de actividade no modelo oficial, sobre a persoa que xestione directamente o establecemento mercantil, industrial ou doutra natureza de que sexa titular ou, se é o caso, o cesamento temporal ou definitivo na actividade desenvolvida.

Prazo de presentación:

  • Dentro dos 15 días seguintes á data da suspensión da actividade.
  • Mentres dure a situación de risco durante a lactación, a traballadora verase obrigada a presentar esta declaración con periodicidade semestral, a contar dende a data en que se inicie a situación, se fose requirida para iso.

A falta de presentación da declaración, no prazo máximo indicado, producirá a suspensión no inicio do pagamento da prestación, podendo iniciarse de oficio as actuacións pertinentes para verificar a situación na que queda o establecemento do que é titular a beneficiaria da prestación.

Se como consecuencia das actuacións administrativas, se deducise o carácter indebido da prestación que xa se comezara a percibir, procederase a realizar as actuacións precisas para o seu reintegro.

O establecido nos dous parágrafos anteriores enténdese sen prexuízo de que, pola non presentación en prazo da declaración, así como, se é o caso, por ter percibido indebidamente a prestación, puidesen iniciarse os correspondentes expedientes sancionadores naqueles casos en que, atendendo ás circunstancias concorrentes, oportunamente valoradas pola Entidade xestora, así o determine esta.

Recoñecemento do dereito:

  • O procedemento iníciase a instancia da traballadora mediante un informe médico que deberá solicitar ao facultativo do Servizo Público de Saúde, no que se acredite a situación de lactación natural.
  • Posteriormente, a traballadora solicitará a emisión da certificación médica sobre a existencia de risco durante a lactación ante a Entidade xestora ou colaboradora que corresponda, achegando:
    • O informe do Servizo Público de Saúde.

    • Declaración da traballadora sobre a actividade desenvolvida, así como sobre a inexistencia dun traballo ou función en tal actividade compatible co seu estado que poida ser levada a cabo pola mesma, na súa condición de traballadora por conta propia.

Se se trata dunha autónoma que presta os seus servizos en sociedades cooperativas, laborais ou mercantís, esta declaración será realizada polo administrador da sociedade.

Se se trata dunha traballadora autónoma economicamente dependente, a declaración deberá efectuala o seu cliente.

    • Se a Entidade xestora ou colaboradora considera que non se produce a situación de risco durante a lactación, denegará a expedición da certificación médica solicitada, comunicando á traballadora que non cabe iniciar o procedemento dirixido á obtención da correspondente prestación.
    • Unha vez certificado o risco, para o recoñecemento do subsidio, a traballadora deberá presentar solicitude dirixida á Dirección provincial competente da Entidade xestora da provincia en que aquela teña o seu domicilio ou ante Mutua Colaboradora coa Seguridade Social que  lle corresponda.
    • A solicitude formularase nos modelos normalizados e deberá conter os datos e circunstancias que establece o |art.  70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, acompañada dos documentos necesarios.
    • O Director provincial da Entidade xestora da provincia de residencia da interesada ditará resolución expresa e notificaraa á mesma no prazo de 30 días, contados dende a recepción da solicitude, nos mesmos termos que para os traballadores por conta allea.

    Máis información relativa a este Réxime:

     

    Réxime Especial da Minería do Carbón

    A prestación recoñécese nos mesmos termos e condicións que no réxime xeral  da Seguridade Social.

    Máis información relativa a este Réxime: 

    Réxime Especial dos Traballadores do Mar

    A prestación recoñécese coa mesma extensión, forma e nos mesmos termos que no Réxime Xeral da Seguridade Social.

    Máis información relativa a este Réxime:

    Complementary Content
    ${loading}