Pensión de Incapacidade Permanente
Procedemento
Información Xeral
| Obxecto: |
É unha prestación económica que trata de cubrir a perda de ingresos que sofre un traballador cando por enfermidade ou accidente ve reducida ou anulada a súa capacidade laboral. |
|---|---|
| Beneficiarios: |
As persoas incluídas en calquera réxime da Seguridade Social que reúnan os requisitos esixidos para cada grao de incapacidade. |
| Graos: |
|
| Requisitos: |
Dependendo do grao de incapacidade, esíxense uns requisitos xerais e de cotización. Se a incapacidade deriva de accidente, sexa ou non de traballo, ou de enfermidade profesional non se esixen cotizacións previas. |
| Contía: |
Está determinada pola base reguladora e a porcentaxe que se aplica segundo o grao de incapacidade permanente recoñecido.
|
| Efectos económicos: |
|
| Pagos: |
Cando a pensión deriva de enfermidade común ou accidente non laboral abóase en 14 pagas (mensualmente con dúas pagas extraordinarias). Revalorízase anualmente e ten garantidas contías mínimas mensuais. A pensión está suxeita ao imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), estando exentas de retención do imposto, as pensións por incapacidade permanente absoluta e grande incapacidade. |
| Compatibilidades / Incompatibilidades: |
En todos os casos, se se realizan traballos susceptibles de inclusión nalgún dos réximes da Seguridade Social, existe obriga de cursar a alta e cotizar, debendo comunicalo á entidade xestora. |
| Prazos: |
A dirección provincial do INSS ou do ISM, no seu caso, ditará resolución nun prazo máximo de 135 días. Cando non se dite resolución nese prazo entenderase desestimada a solicitude por silencio administrativo negativo. Se é necesario o trámite de audiencia ou se pide documentación complementaria, o interesado disporá de 10 días para presentar alegacións ou presentar a documentación. Tamén 10 días para alegacións do empresario cando é responsable por falta de medidas de seguridade e hixiene. |
| Suspensión / Extinción: |
A pensión pode extinguirse por revisión da incapacidade declarada, por recoñecemento da pensión de xubilación cando se opte por esta pensión e por falecemento do pensionista. Tamén pode ser suspendida. |
| Impresos: | |
| Documentación: |
A documentación que debe presentar para o trámite da pensión está detallada no modelo de solicitude. |
| Onde se tramita: |
Na dirección provincial do INSS ou do ISM, no seu caso, onde teña o seu domicilio o interesado, agás cando resida no estranxeiro que o trámite se realizará na dirección provincial do INSS da provincia onde acredite as últimas cotizacións en España. En caso de ser competente o ISM, estarase á distribución territorial deste. |
| Entidade competente: |
|
| Outros datos de interese: |
Revisión: A situación de incapacidade pode revisarse por agravación, melloría, erro de diagnóstico ou pola realización de traballos, mentres o inválido non cumprise a idade de acceso á xubilación, podendo dar lugar á confirmación ou modificación do grao ou á extinción da incapacidade e por tanto da pensión. As pensións de incapacidade permanente pasan a denominarse pensións de xubilación, cando os seus beneficiarios cumpren 65 anos. En Cataluña as funcións dos EVI, realízaas o Instituto Catalán de Avaliación de Incapacidades e a Comisión de Avaliación de Incapacidades. |
Inicio