Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Aprazamentos de débedas

Procedemento

Procedemento de Aprazamento de débedas

Información xeral


Obxecto:

É un acto administrativo que solicita o debedor e mediante o cal se autoriza o pagamento das débedas de Seguridade Social fóra do prazo regulamentario de ingreso.

Suxeito:

A persoa responsable do pagamento da débeda.

Impresos:
  • TC 17/10 Solicitude de aprazamento para o pagamento de débedas coa Seguridade Social.
  • TC 17/11 Recoñecemento de débedas coa Seguridade Social.
  • TC 17/12 Solicitude de domiciliación de vencementos de aprazamentos.
  • TC de Liquidación inaprazable.
  • TC de Liquidación aprazable.
  • TC-2 Relación nominal dos traballadores, se non se tivera presentado con anterioridade. 

Máis información sobre impresos

Documentación:
  • Documentación de garantías en caso de ser esixibles.
  • Número de conta corrente no que serán cargados os vencementos.
  • Calquera outra que fundamente a petición.

Máis información sobre documentación

Onde tramitalo:

A solicitude dirixirase á Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Administración da Seguridade Social ou Unidade de Recadación Executiva da Seguridade Social en que o empresario ou suxeito responsable do pagamento teña autorizada a conta de cotización ou, no seu defecto, na que teña o seu domicilio.


Se dispón dun certificado dixital pode realizar a súa solicitude a través do trámite Aprazamento no pagamento de débedas á Seguridade Social no Rexistro Electrónico de Solicitudes da Sede Electrónica da Seguridade Social.


A solicitude poderá presentarse en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Prazos:
  • A solicitude poderá presentarse en calquera momento dende que se inicia o prazo regulamentario de ingreso da débeda que se trate.
  • Disponse dun prazo de 10 días para corrixir erros ou completar a solicitude dende que a Administración o requira.
  • A Administración ditará e notificará a resolución no prazo de 3 meses dende a recepción da solicitude no órgano competente para a súa tramitación.
  • O período total de aprazamento non poderá exceder de 5 anos.
Efectos:

Deberán cumprirse as seguintes condicións: pagamento de inaprazables, constitución de garantías, e aboamento de cotas correntes para que se produzan os seguintes efectos:

  • A suspensión do procedemento recadatorio, en canto ás débedas aprazadas.
  • E que o debedor sexa considerado ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social.

Máis información sobre efectos

Outros datos de interese:
  • A solicitude comprenderá a totalidade das débedas.
  • En xeral, denegaranse as solicitudes cando existan aprazamentos anteriores incumpridos.
  • Denegarase cando, ao momento da solicitude, fora xa autorizado o alleamento de bens embargados.
  • Denegarase cando non supere o dobre do salario mínimo interprofesional vixente.
  • Segundo as circunstancias, o aprazamento deberá asegurarse mediante garantía suficiente para cubrir o importe principal da débeda, recargas, xuros e custas.
  • Os vencementos do aprazamento serán domiciliados en calquera Entidade Financeira (Bancos, Caixas de Aforros, Cooperativas de Crédito ou Caixas Rurais) autorizada para actuar como Oficina Recadadora.
  • Normativa Reguladora.
  • Xuros.
  • Incumprimento.
  • Resolución. 

Preguntas máis frecuentes.

 
Complementary Content
${loading}