Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Introdución

A xestión do sector público está sometida ao réxime dun orzamento anual aprobado polas Cortes Xerais e baseado nos principios de estabilidade orzamentaria, plurianualidade, transparencia e eficiencia. Plurianualidade para reforzar a previsión orzamentaria e normalizar o procedemento de todas as Administracións Públicas cos programas de estabilidade e crecemento; transparencia que permita verificar o cumprimento da estabilidade orzamentaria e por último a eficiencia na asignación e uso dos recursos públicos que deben orientar as políticas de gasto.

Podemos definir o orzamento como o conxunto dos dereitos (ingresos) e obrigas (gastos) a liquidar durante o exercicio por cada un dos órganos e entidades que forman parte do sector público estatal.

A Seguridade Social conforme ao art. 2 de lei 47/2003 do 26 novembro, Xeral Orzamentaria, forma parte do sector público e, polo tanto, ten que dotarse dun orzamento anual rexido por estes principios, que se integra nos Orzamentos Xerais do Estado e apróbase pola Lei.

Para este ano 2012 a Lei 39/2010 do 22 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado fixa un orzamento de 124.408,06 millóns de euros cuns resultados favorables que permiten destinar ao Fondo de Reserva 3.456,90 millóns de euros, cuxa dotación supoñerá o 6,5 % do P.I.B., en aras a garantir a estabilidade futura do sistema. Eles son posibles grazas ás reformas financeiras e ás do sistema de pensións realizadas, que permitiron incrementar a contributividade á vez que mellorar as prestacións, axudando de maneira eficaz á cohesión social e á redistribución da renda.

No ámbito especifico da Seguridade Social podemos definir o seu orzamento como o conxunto das obrigas que os axentes que integran a administración institucional do Sistema han de atender nun exercicio, no desenvolvemento das actividades que teñen encomendadas e dos dereitos que se prevén liquidar no mesmo para a cobertura financeira das prestacións e servizos que en execución da súa acción protectora, han de ser outorgados.

Contenido complementario
${loading}