Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Pensión de viuvez

Procedemento

Procedemento de pensión de Viuvez da Seguridade Social

Información Xeral


Obxecto:

Protexer a situación de necesidade económica ocasionada polo falecemento  da persoa que orixina a prestación.

Beneficiarios:

Persoas que tiveron vínculo matrimonial ou foron parella de feito co falecido e non contraeron novo matrimonio:

  • Cónxuxe.
  • Separados, divorciados e persoas cuxo matrimonio foi declarado nulo.
  • Parella de feito no momento do falecemento.

Máis información sobre beneficiarios

Requisitos:

Será necesario acreditar un período de cotización, que variará segundo a situación laboral do falecido e da causa que determina a morte:

  • En alta ou situación asimilada á alta, 500 días dentro dun período ininterrompido de 5 anos inmediatamente anteriores ao falecemento ou 15 anos ao longo de toda a vida laboral.
  • En non alta: 15 anos ao longo de toda a vida laboral.
  • Pensionistas: Non se esixe período de cotización.

Non se esixe período previo de cotización, cando a morte se produce como consecuencia de accidente ou enfermidade profesional.

Ademais, será necesario acreditar unhas condicións específicas nos supostos de matrimonio, cando o falecemento se debe a unha enfermidade común anterior ao vínculo matrimonial; de separación, divorcio e nulidade; e parellas de feito.

Máis información sobre requisitos

Contía:

A prestación económica calcúlase aplicando a porcentaxe do 52% á correspondente base reguladora, con carácter xeral, sendo esta diferente segundo a situación laboral do falecido na data do falecemento e da causa que determine a morte.

  • A partir do 01-08-2018 a porcentaxe aplicable á base reguladora da pensión de viuvez será do 56%, cando na persoa beneficiaria concorran os seguintes requisitos:
    • Ter unha idade igual ou superior aos 65 anos.
    • Non ter dereito a outra pensión pública española e estranxeira.
    • Non percibir ingresos pola realización de traballos por conta allea ou por conta propia.
    • Non dispoñer de rendas de capital mobiliario ou inmobiliario, ganancias patrimoniais ou rendas de actividades económicas, superiores a 7.347,99 euros/ano.

  • Dende o 01-01-2019, a porcentaxe aplicable sobre a base reguladora será do 60%.

Cando o beneficiario ten cargas familiares e un determinado nivel de ingresos, a porcentaxe poderá aumentar ata o 70%.

Cando non se acceda á pensión, por non acreditar o período de duración do matrimonio ou non ter fillos en común, aboarase unha prestación temporal durante dous anos, en contía igual á pensión de viuvez que lle correspondese.

Máis información sobre contías

Efectos económicos:
  • Causantes en alta, asimilada á alta ou non alta: Día seguinte á data do feito causante, cando a solicitude se presente nos 3 meses seguintes á data do falecemento.
  • Causantes pensionistas: Día primeiro do mes seguinte á data do feito causante, cando a solicitude se presente nos 3 meses seguintes á data do falecemento.

Cando a solicitude se presente fóra dos 3 meses seguintes á data do falecemento, percibirase cunha retroactividade máxima de 3 meses á data de solicitude.

Pagamentos:

A pensión abóase mensualmente, con dúas pagas extraordinarias nos meses de xuño e de novembro, agás nas pensións de accidente de traballo e enfermidade profesional, que se reparten entre as doce mensualidades ordinarias.

A pensión ten garantidas contías mínimas e revalorízase ao comezo de cada ano.

A pensión está suxeita ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Compatibilidades / Incompatibilidades:
  • A pensión será compatible coas rendas de traballo do beneficiario e coas pensións de xubilación e incapacidade permanente a que puidera ter dereito.
  • Cando o causante se atopase en non alta na data do falecemento, a pensión de viuvez será incompatible co recoñecemento doutra pensión de viuvez en calquera dos réximes da Seguridade Social, agás que as cotizacións acreditadas en cada un dos réximes se superpoñan, polo menos, durante 15 anos.
  • A pensión de viuvez que se manteña, aínda que se contraese novo matrimonio ou constituíse parella de feito, será incompatible coa nova pensión de viuvez que puidese xerarse como consecuencia do falecemento do novo cónxuxe ou parella de feito, debendo optar por unha delas.

Máis información sobre compatibilidades/incompatibilidades

Prazos:
  • Presentación de solicitude: Non existen prazos.
  • Resolución do expediente: 90 días dende a data de presentación da solicitude. Actualmente, o prazo medio é de 13 días.
Extinción:
  • Por contraer novo matrimonio ou constituír parella de feito, agás excepcións.
  • Por declaración de culpabilidade en sentenza firme da morte do causante.
  • Por violencia de xénero.
  • Por falecemento.
  • Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido.
Impresos:

Solicitude de Prestacións de Supervivencia.

Documentación:

Os documentos que se detallan no modelo de solicitude .

Onde se tramita:

Nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social e nas direccións provinciais ou locais do Instituto Social da Mariña, os traballadores do mar.

Entidade competente:

O recoñecemento do dereito á pensión corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social, ao Instituto Social da Mariña, para os traballadores do mar e á Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, cando a morte sexa debida a accidente de traballo.

Outros datos de interese:
  • O dereito á percepción da pensión non prescribe.
  • En caso de divorcio, cando haxa máis dun beneficiario, a contía da prestación será proporcional ao tempo de convivencia matrimonial, garantíndose o 40 por cen a favor do cónxuxe supervivente. 
  • Pensión de viuvez en supostos de violencia de xénero.
  • Para os efectos de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, considérase que o falecido se encontraba en alta de pleno dereito na data do falecemento, aínda que o empresario incumprise as súas obrigas. Recoñécese  ademais, unha indemnización de 6 mensualidades da base reguladora.
  • Réximes Especiais

 

Preguntas máis frecuentes

Complementary Content
${loading}