Asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo
Procedemento
Información Xeral
Obxecto: |
É unha asignación económica que se recoñece por cada fillo ou menor acollido a cargo do beneficiario, menor de 18 anos ou maior afectado por unha discapacidade igual ou superior ao 65%. A partir do 1 de xuño de 2020 esta prestación só se poderá solicitar por fillos a cargo acollidos menores de 18 anos, afectados dunha discapacidade de polo menos un 33 % ou maiores afectados dunha discapacidade do 65 % |
---|---|
Causantes: |
Os fillos ou menores acollidos "a cargo", que convivan e dependan economicamente do beneficiario, sempre que sexan menores de 18 anos ou maiores afectados por unha discapacidade igual ou superior ao 65%. Considéranse a cargo, aínda cando realicen un traballo lucrativo, sempre que continúen convivindo co beneficiario e os ingresos polo seu traballo non superen o 100% do SMI vixente en cada momento, en cómputo anual. |
Beneficiarios: |
|
Requisitos: |
|
Contías / Pagamentos / Efectos: |
A contía da asignación económica é distinta segundo a idade e o grao de discapacidade do fillo ou menor acollido a cargo. O aboamento realízase sen pagas extraordinarias:
A prestación está exenta do IRPF. A partir do 1-1-2008 e ao comezo de cada ano, a prestación revalorizarase de acordo co IPC. |
Duración: |
A asignación económica inicialmente recoñecida percibirase mentres non se produzan variacións familiares que determinen o seu aumento, diminución ou extinción. |
Prazos: |
O recoñecemento da asignación económica deberá resolverse e notificarse nun prazo máximo de 45 días. Todo beneficiario ten a obriga de presentar ao INSS no prazo de 30 días as variacións na situación familiar que supoñan nacemento, modificación ou extinción do dereito á asignación económica. |
Denegación / Extinción: |
|
Impresos: | |
Documentación: |
Achegaranse os documentos necesarios para a acreditación da identidade e das circunstancias determinantes do dereito. En ningún caso será esixible ao solicitante a acreditación de feitos, datos ou circunstancias que a Administración da Seguridade Social deba coñecer en por si. |
Onde tramitalo: |
A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos centros de atención e información da Seguridade Social. |
Entidade competente: |
O recoñecemento do dereito á asignación económica é competencia do INSS. En caso de estar un dos pais incluído nun réxime público de Seguridade Social, a asignación económica será recoñecida polo devandito réxime. |
Outros datos de interese: |