Valore este contenido
Renda activa de inserción
Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.
Duración
A duración máxima da renda é de once meses.
Extinción
Causarán baixa definitiva no Programa os traballadores incorporados a este que cometan algún dos feitos seguintes:
- Incumprimento das obrigacións que impliquen o compromiso de actividade e que se concretan no Plan persoal de inserción laboral, salvo causa xustificada.
- Non comparecer, previo requirimento, ante o Servizo Público de Emprego Estatal ou ante os Servizos Públicos de Emprego, non renovar a demanda de emprego na forma e datas que se determinen no documento de renovación da demanda, ou non devolverlles no prazo aos Servizos Públicos de Emprego o correspondente xustificante de que compareceu no lugar e data indicados para cubrir as ofertas de emprego facilitadas polos devanditos servizos, salvo causa xustificada.
- Rexeitamento dunha oferta de colocación adecuada ou de participar en programas de emprego ou en accións de inserción, orientación, promoción, formación ou reconversión profesionais, salvo causa xustificada.
- Traballo por conta propia ou allea a tempo completo, por un período igual ou superior a seis meses.
- Obter pensións ou prestacións de carácter económico da Seguridade Social que sexan incompatibles co traballo ou que, sen selo, excedan na súa contía dos límites que se fixan para poder percibir a renda activa de inserción, ademais de obter axudas sociais como vítima de violencia de xénero que non poida participar en programas de emprego.
- Deixar de reunir o requisito de carencia de rendas por un período superior a seis meses.
- Acceder a unha prestación por desemprego, a un subsidio por desemprego ou á renda agraria.
- Traslado ao estranxeiro, agás no suposto de realización de traballo ou perfeccionamento profesional por un período inferior a seis meses.
- Renuncia voluntaria á renda activa de inserción.
- Obter ou manter indebidamente a percepción da renda activa de inserción.
- Esgotar o prazo máximo de duración da renda activa de inserción.