Unha vez admitido ao Programa, a axuda económica será compatible con:
- As axudas de calquera natureza que se puidesen obter pola asistencia a accións de formación profesional para o emprego.
- O traballo por conta allea, a tempo completo ou parcial e de duración indefinida ou temporal, ata un máximo de cinco meses, sempre que se desenvolva en empresas ou entidades que non formen parte do sector público.
Durante este tempo, o empresario descontará a contía da axuda económica do importe do salario que corresponda percibir ao traballador legal ou convencionalmente. No suposto de contratación a tempo parcial, a contía da axuda económica que se descontará do importe do salario será proporcional ao tempo efectivamente traballado.
O traballador comunicará ao titor asignado polo Servizo Público de Emprego correspondente, as posibles contratacións que realice para os efectos da posible compatibilidade da axuda co traballo.
Como documento acreditativo da percepción da axuda económica, poderá presentar ao empresario a resolución ditada polo Instituto Social da Mariña recoñecendo o dereito.
No caso de extinción do contrato antes de finalizar a participación do beneficiario no programa, e sempre que non se reúnan os requisitos de acceso a unha prestación contributiva ou subsidio por desemprego, o traballador deberá comunicar a citada extinción do contrato á oficina do Instituto Social da Mariña dentro dos quince días seguintes a esta, e reactivar o compromiso de actividade para manter a participación no programa e a percepción polo tempo que reste da axuda económica de acompañamento.