Valore este contenido
Réximes Especiais
Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos
-
A partir do 01-01-2004, os traballadores autónomos terán dereito á prestación na mesma extensión, forma, termos e condicións que no Réxime Xeral, coas particularidades seguintes:
-
Deben estar acollidos á mellora voluntaria da acción protectora derivada das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e ademais, previa ou simultaneamente, ter optado pola cobertura da prestación económica por incapacidade temporal.
-
Deben atoparse ao corrente no pagamento de cotas.
-
Non se aplica a recarga das prestacións económicas por falta de medidas de prevención de riscos laborais.
-
Máis información relativa a este réxime:
-
Outras prestacións.
Réxime Especial da Minería do Carbón
-
A prestación recoñécese coa mesma extensión, forma e nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral da Seguridade Social.
-
Máis información relativa a este réxime:
-
Outras prestacións.
-
Réxime Especial de Traballadores do Mar
A prestación recoñécese coa mesma extensión, forma e nos mesmos termos que no Réxime Xeral da Seguridade Social.
Máis información relativa a este Réxime:
- Outras prestacións.
- Normativa básica.
- Persoas incluídas no campo de aplicación deste Réxime, afiliación, altas e baixas e cotización.