Subsidio en favor de familiares
Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.
Beneficiarios
As fillas/os maiores de 25 anos e os irmás/áns maiores de 22 anos, solteiros, viúvos, separados xudicialmente ou divorciados, que sen acreditar as condicións para ser pensionistas reúnan os requisitos esixidos:
- Convivir co causante e ás súas expensas con 2 anos de antelación ao falecemento daquel ou desde a morte do familiar co que convivisen, se esta ocorrese dentro deste período.
- Non ter dereito a pensión pública.
- Carecer de medios de subsistencia, por ter ingresos económicos iguais ou inferiores ao salario mínimo interprofesional, e de familiares con obriga e posibilidade de lles prestar alimentos.
En aplicación do establecido nos artigos 142 e 143 do Código Civil, están obrigados a "prestarse alimentos", os cónxuxes, ascendentes e descendentes; os irmáns só se deben os "auxilios necesarios para a vida", polo que quedan excluídos da obriga de prestar alimentos.
Contía / Aboamento
-
A contía do subsidio obtense aplicando unha porcentaxe sobre a base reguladora.
-
Aboarase durante 12 meses, con inclusión de dúas pagas extraordinarias.
Porcentaxe: o 20% da base reguladora, calculada de igual forma que na pensión de viuvez.
Compatibilidades / Incompatibilidades
-
Será incompatible coa percepción por parte do titular de calquera pensión pública e coa percepción de ingresos de calquera natureza que superen a contía, en cómputo anual, do salario mínimo interprofesional vixente en cada momento, tamén en cómputo anual.
Extinción
-
Por esgotamento do período máximo de duración.
-
Por falecemento.
-
Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido en accidente.