Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Valore esta páxina
Valore este contido

Causantes / Beneficiarios

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Causantes / requisitos

  • As persoas integradas no Réxime Xeral de Seguridade Social, afiliadas e en alta ou en situación asimilada á de alta, que reúnan o período mínimo de cotización esixido:
    • Se o falecemento é debido a enfermidade común:

      500 días dentro dun período ininterrompido de 5 anos inmediatamente anteriores ao falecemento ou á data na que finalizou a obriga de cotizar, se o causante se encontrase en situación de alta ou asimilada sen obriga de cotizar.

      Non obstante, suprímese o requisito de cotización para as prestacións de orfandade se ao falecer o causante este se encontra en alta ou en situación asimilada á de alta.

      No caso dos traballadores con contratos a tempo parcial,para acreditar o período de cotización esixido, a partir do 04-08-2013, aplicaranseas regras establecidas no Real Decreto-Lei 11/2013, do 2 de agosto.

      Para estes efectos, cando se trate de traballadores incluídos no Sistema especial para empregados de fogar, dende 2012 ata 2018, as horas efectivamente traballadas neste, determinaranse en función das bases de cotización ás que se refire a disposición transitoria décimo sexta da LGSS, divididas polo importe fixado para a base mínima horaria do Réxime Xeral pola LPGEpara cada un dos devanditos exercicios. 
    • Se o falecemento é debido a accidente, sexa ou non de traballo, ou a enfermidade profesional non se esixe período previo de cotización.
    • Tampouco se esixe ningún período previo de cotización para o auxilio por defunción.
  • As persoas que, na data do falecemento, "non estean" en alta ou en situación asimilada á de alta, causarán dereito a pensión sempre que reúnan un período mínimo de cotización de 15 anos. En ningún caso se terá dereito ao cobro de cantidades correspondentes a exercicios anteriores ao 1-1-99.
  • Os perceptores dos subsidios de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, maternidade, paternidade ou risco durante a lactación natural, que cumpran o período de cotización que, de ser o caso, estea establecido.

  • Os pensionistas de xubilación na súa modalidade contributiva.
  • Os pensionistas de incapacidade permanente. Considérase morto por accidente de traballo ou enfermidade profesional quen teña recoñecida por tales continxencias unha incapacidade permanente absoluta ou a condición de grande inválido.
  • Os traballadores que concluísen o seu traballo con dereito a pensión de xubilación na súa modalidade contributiva e falecesen sen solicitala.
  • Os traballadores desaparecidos con ocasión dun accidente, sexa ou non laboral, en circunstancias que fagan presumible a súa morte, e dos que non se tivesen noticias durante os 90 días naturais seguintes ao do accidente. Neste caso, non se causa nunca dereito ao auxilio por defunción.
  • Os traballadores con dereito a pensión por incapacidade permanente total que optaron pola indemnización especial a tanto alzado a favor dos menores de 60 anos.

Situacións asimiladas á de alta

Considéranse situacións asimiladas á de alta para os efectos destas prestacións:

  • A situación legal de desemprego, total e subsidiado, e a de paro involuntario unha vez esgotada a prestación contributiva ou asistencial, sempre que en tal situación se manteña a inscrición como desempregado na oficina de emprego.
  • A situación do traballador durante o período correspondente a vacacións anuais retribuídas que non se gozasen con anterioridade á finalización do contrato.
  • A excedencia forzosa.
  • O período de tempo en que o traballador permaneza en situación de excedencia por coidado de fillo,de menor acollido ou doutros familiares, que exceda do período considerado de cotización efectiva no artigo 237 da LGSS.
  • O traslado do traballador pola empresa fóra do territorio nacional.
  • Os períodos de inactividade entre traballos de tempada.
  • Os períodos de prisión sufridos como consecuencia dos supostos recollidos na Lei 46/1977, do 15 de outubro, de Amnistía, nos termos regulamentados na Lei 18/1984, do 8 de xuño.
  • Os períodos de percepción da axuda equivalente a xubilación anticipada e da axuda previa á xubilación ordinaria.
  • A situación de incapacidade temporal que subsista unha vez extinguido o contrato.
  • A situación de maternidade ou paternidade que subsista unha vez extinguido o contrato de traballo ou que se inicie durante a percepción da prestación por desemprego.
  • No caso dos traballadores afectados pola síndrome tóxica que, por tal causa, concluíron no seu día o exercicio da súa actividade laboral ou profesional, sen que puidesen continuar ese exercicio, e que estiveran en alta nalgún dos réximes do sistema da Seguridade Social, a situación asimilada entenderase con respecto ao réxime no que o traballador estivese encadrado cando concluíu na súa actividade e para as continxencias comúns.
  • O período de suspensión do contrato de traballo por decisión da traballadora que se vexa obrigada a abandonar o seu posto de traballo como consecuencia de ser vítima da violencia de xénero. 
Complementary Content
${loading}