Prestación temporal de viuvez
Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada
Beneficiarios
Será beneficiario o cónxuxe ou a parella de feito supervivente, cando non poida acceder á pensión de viuvez por non acreditar, respectivamente, que o seu matrimonio co causante tivo unha duración de 1 ano ou, alternativamente, pola inexistencia de fillos comúns, ou que a súa inscrición como parella de feito nalgún dos rexistros específicos existentes nas comunidades autónomas ou concellos do lugar de residencia ou a súa constitución mediante documento público producíronse cunha antelación mínima de 2 anos respecto da data do falecemento do causante, sempre que concorran o resto de requisitos xerais esixidos (alta e cotización do causante).
Contía
A contía da prestación é igual á da pensión de viuvez que lle correspondese e cunha duración de 2 anos.
Extinción
A prestación extínguese:
-
Polo transcurso do prazo máximo de duración (2 anos).
-
Polas mesmas causasque a pensión de viuvez.