Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta páxina
Valore este contido

Contía

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A contía da pensión determínase aplicando á base reguladora a porcentaxe xeral que corresponda en función dos anos cotizados e, se é o caso, a porcentaxe adicional por prolongación da vida laboral, cando se acceda á xubilación cunha idade superior á ordinaria vixente en cada momento e o coeficiente redutor que corresponda.

Porcentaxe aplicable en 2026:

A porcentaxe é variable en función dos anos de cotización á Seguridade Social, aplicándose unha escala que comeza co 50 % aos 15 anos, aumentando a partir do décimo sexto ano un 0,21 % por cada mes adicional de cotización, entre os meses 1 e 49, e un 0,19 % os que superen o mes 49, sen que a porcentaxe aplicable á base reguladora supere o 100 %, salvo nos casos en que se acceda á pensión cunha idade superior á que resulte de aplicación.

Porcentaxe aplicable a partir de 2027:

A porcentaxe é variable en función dos anos de cotización á Seguridade Social, aplicándose unha escala que comeza co 50 % aos 15 anos, aumentando a partir do décimo sexto ano un 0,19 % por cada mes adicional de cotización, entre os meses 1 e 248, e un 0,18 % os que superen o mes 248, sen que a porcentaxe aplicable á base reguladora supere o 100 %, salvo nos casos en que se acceda á pensión cunha idade superior á que resulte de aplicación.

Mantemento transitorio do complemento por maternidade

As persoas que, o 4-2-2021, estivesen a percibir o complemento por maternidade por achega demográfica, manterán o seu percibo.

A percepción do complemento de maternidade será incompatible co novo complemento de pensións contributivas para a redución da fenda de xénero, podendo optar as persoas interesadas entre un ou outro.

Se o outro proxenitor dalgún dos fillos ou fillas que deu dereito ao complemento de maternidade, solicita o complemento de pensións contributivas e correspóndelle percibilo, a contía mensual que se recoñeza deducirase do complemento por maternidade, con efectos económicos dende o primeiro día do mes seguinte ao da resolución, sempre que esta se dite dentro dos seis meses seguintes á solicitude ou, no seu caso, ao recoñecemento da pensión que a cause; pasado o devandito prazo, os efectos produciranse dende o primeiro día do sétimo mes seguinte a esta.

Complemento para a redución da fenda de xénero

O complemento de pensións contributivas para a redución da fenda de xénero, substitúe o complemento por maternidade por achega demográfica por un complemento económico para a redución da fenda de xénero. Cada fillo só poderá xerar dereito a complemento a un dos proxenitores (recoñécese a aquel que perciba pensións públicas de menor contía). O recoñecemento do complemento ao segundo proxenitor suporá a extinción do complemente xa recoñecido ao primeiro proxenitor.

A contía a percibir está limitada a catro veces o importe mensual fixado por fillo. O importe fíxase anualmente na LPXE.

Porcentaxe adicional para quen se acolla á lexislación anterior ao 01-01-2013:

A porcentaxe é variable en función dos anos de cotización á Seguridade Social, aplicándose unha escala que comeza co 50 % aos 15 anos, aumentando un 3 % por cada ano adicional comprendido entre o décimo sexto e o vixésimo quinto e un 2 % a partir do vixésimo sexto ata alcanzar o 100 % aos 35 anos.

ESCALA DE PORCENTAXES POR ANOS COTIZADOS
Anos de cotización Porcentaxe da
base reguladora
Aos 15 anos 50 %
Aos 16 anos 53 %
Aos 17 anos 56 %
Aos 18 anos 59 %
Aos 19 anos 62 %
Aos 20 anos 65 %
Aos 21 anos 68 %
Aos 22 anos 71 %
Aos 23 anos 74 %
Aos 24 anos 77 %
Aos 25 anos 80 %
Aos 26 anos 82 %
Aos 27 anos 84 %
Aos 28 anos 86 %
Aos 29 anos 88 %
Aos 30 anos 90 %
Aos 31 anos 92 %
Aos 32 anos 94 %
Aos 33 anos 96 %
Aos 34 anos 98 %
Aos 35 anos 100 %

Os anos de cotización a ter en conta son os efectuados:

    • Ao Réxime Xeral da Seguridade Social.

    • Aos diferentes Réximes Especiais da Seguridade Social.

    • Aos antigos Réximes do Seguro de Vellez e Invalidez e/ou Mutualismo Laboral.

    • Aos Réximes integrados, incluíndose os anteriores á implantación destes se foron computables para causar dereito ás prestacións neles previstas.

    • A outras Entidades de Previsión Social, que actúen como substitutorias das correspondentes ao réxime ou aos réximes que estean pendentes de integración.

    • As efectuadas ao Réxime de Clases Pasivas do Estado.

    • Ás Administracións Públicas e organismos dependentes delas con anterioridade ao 1-1-59 polo persoal que non ostentaba a condición de funcionario.

    • As cotizacións  do persoal da Administración de Xustiza asimilaranse a períodos cotizados cando haxa diferenzas entre os períodos efectivamente traballados que figuren no certificado de servizos prestados e os que figuran na súa certificación de cotizacións. Estes períodos non serán obxecto de inclusión nas bases de datos da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e polo tanto asimilaranse a cotizados, por solicitude do interesado, no momento no que se cause ou se revise a correspondente pensión.

Regras para o cómputo dos anos de cotización:

Se as cotizacións son posteriores ao 1-1-67, tomaranse todos os días efectivamente cotizados e o total de días dividirase por 365 para obter o número de anos cotizados. A fracción de ano non se poderá asimilar a ano completo, dado que, unha vez superados os primeiros 15 anos de cotización, a porcentaxe aplicable á base reguladora vai aumentando por cada mes adicional cotizado.

Se existen cotizacións anteriores ao 1-1-67, o número de anos cotizados obtense dividindo por 365 o total de días cotizados (sen asimilar a fracción de ano a un ano completo) obtidos da suma das cotizacións seguintes:

  • Días cotizados no Réxime Xeral e noutros réximes a partir do 1-1-67.
  • Días cotizados ao Seguro de Vellez e Invalidez e Mutualismo Laboral entre 1-1-60 e 31-12-66, sempre que non se superpoñan.
  • Os días de bonificación que correspondan ao traballador, segundo a idade cumprida en 1-1-67, sempre que acrediten cotizacións ao Seguro de Vellez e Invalidez e/ou Mutualismo Laboral, de acordo coa seguinte escala:


ESCALA PARA ABONO DE ANOS E DÍAS DE COTIZACIÓN
Idade no 1-1-67 Anos Días
65 anos 30 318
64 anos 30 67
63 anos 29 182
62 anos 28 296
61 anos 28 46
60 anos 27 161
59 anos 26 275
58 anos 26 25
57 anos 25 139
56 anos 24 254
55 anos 24 4
54 anos 23 118
53 anos 22 233
52 anos 21 347
51 anos 21 97
50 anos 20 212
49 anos 19 326
48 anos 19 76
47 anos 18 191
46 anos 17 305
45 anos 17 55
44 anos 16 169
43 anos 15 284
42 anos 15 34
41 anos 14 148
40 anos 13 263
39 anos 13 12
38 anos 12 127
37 anos 11 242
36 anos 10 356
35 anos 10 106
34 anos 9 220
33 anos 8 335
32 anos 8 85
31 anos 7 199
30 anos 6 314
29 anos 6 64
28 anos 5 178
27 anos 4 293
26 anos 4 42
25 anos 3 157
24 anos 2 272
23 anos 2 21
22 anos 1 136
21 anos 0 250


  • A base reguladora das prestacións de xubilación e incapacidade permanente calcularase conforme á regra xeral.
  • Para os efectos de determinar a contía das pensións de xubilación e de incapacidade permanente derivada de enfermidade común, cando existan traballos a tempo parcial, tomaranse en consideración a totalidade dos períodos en que o devandito traballador permanecese en alta, calquera que fose a duración da xornada.
  • A porcentaxe a aplicar sobre a respectiva base reguladora determinarase conforme á escala xeral (artigo 210  e  disposición transitoria novena da LGSS), e teranse en conta os días en que o traballador permanecese en alta, con independencia da duración da xornada.

(*) Exoneración de cotas de traballadores con 65 ou máis anos:

A partir do 01-01-2013:

Os empresarios e traballadores quedarán exentos de cotizar á Seguridade Social por continxencias comúns, salvo por incapacidade temporal derivada destas, respecto daqueles traballadores por conta allea, así como dos socios traballadores ou de traballo das cooperativas, unha vez alcanzasen a idade de acceso á pensión de xubilación que en cada caso resulte de aplicación.

A exención na cotización comprenderá tamén as achegas por desemprego, Fondo de Garantía Salarial e formación profesional.

As exencións non serán aplicables ás cotizacións relativas a traballadores que presten os seus servizos nas Administracións públicas ou nos Organismos públicos regulados na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Os períodos nos que resulte de aplicación esta exención serán computados como cotizados para os efectos de acceso e determinación da contía das prestacións. 

Para os que resulte de aplicación a lexislación anterior ao 01-01-2013:

Os empresarios e os traballadores quedarán exentos de cotizar á Seguridade Social por desemprego, Fondo de Garantía Salarial, formación profesional e por continxencias comúns, salvo por incapacidade temporal derivada destas, respecto daqueles traballadores por conta allea con contratos de traballo de carácter indefinido, así como dos socios traballadores ou de traballo das cooperativas, sempre que teñan feitos 65 ou máis anos e acrediten 35 ou máis anos de cotización efectiva á Seguridade Social, sen que se computen a estes efectos as partes proporcionais de pagas extraordinarias.

Se ao facer os 65 anos de idade o traballador non tiver cotizados 35 anos, a exención será aplicable a partir da data en que se acrediten os 35 anos de cotización efectiva.

As exencións non serán aplicables ás cotizacións relativas a traballadores que presten os seus servizos nas Administracións públicas ou nos Organismos públicos regulados no Título III da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado.

Complementary Content
${loading}