Contía
A contía da pensión por grande invalidez estará formada polo importe da pensión que corresponda por incapacidade permanente (total ou absoluta), incrementada cun complemento destinado a remunerar a persoa que atenda ao beneficiario.
- Importe do complemento:
Será o resultado de sumar o 45 % da base mínima de cotización vixente no Réxime Xeral no momento do feito causante, calquera que sexa o réxime no que se recoñeza a pensión, e o 30 % da última base de cotización do traballador correspondente á continxencia da que derive a situación de incapacidade permanente. En ningún caso este complemento poderá ter un importe inferior ao 45 % da pensión percibida -sen o complemento- polo traballador.
- Nos casos de accidente de traballo ou enfermidade profesional:
As pensións aumentaranse, segundo a gravidade da falta, dun 30 % a un 50 % cando a lesión se produza por máquinas, artefactos ou en instalacións, centros ou lugares de traballo que carezan dos dispositivos de precaución regulamentarios, os teñan inutilizados ou en malas condicións, ou cando non se observen as medidas de seguridade e hixiene no traballo, ou as elementais de salubridade ou as de adecuación persoal a cada traballo, tendo en conta as súas características e a idade, sexo e demais condicións do traballador.
Para os efectos do cálculo da recarga, inclúese o complemento de grande invalidez destinado a remunerar a persoa que atenda ao grande inválido. Esta recarga recae directamente sobre o empresario infractor.
Non será de aplicación aos empregados de fogar a recarga das prestacións económicas en caso de AT e EP por falta de medidas de prevención de riscos laborais.
- Nos casos nos que o traballador, con 65 ou máis anos, acceda á pensión de grande invalidez, derivada de continxencias comúns, por non reunir os requisitos para acceder á pensión de xubilación:
A porcentaxe aplicable será a que corresponda ao período mínimo de cotización que estea establecido, en cada momento, para o acceso á pensión de xubilación.
Actualmente, esta porcentaxe é do 50 %, que se aplicará á base reguladora correspondente da pensión, pero non ao complemento.
Mantemento transitorio do complemento por maternidade
As persoas que, o 4-2-2021, estivesen a percibir o complemento por maternidade por achega demográfica, manterán o seu percibo.
A percepción do complemento de maternidade será incompatible co novo complemento de pensións contributivas para a redución da fenda de xénero, podendo optar as persoas interesadas entre un ou outro.
Se o outro proxenitor dalgún dos fillos ou fillas que deu dereito ao complemento de maternidade, solicita o complemento de pensións contributivas e correspóndelle percibilo, a contía mensual que se recoñeza deducirase do complemento por maternidade, con efectos económicos dende o primeiro día do mes seguinte ao da resolución, sempre que esta se dite dentro dos seis meses seguintes á solicitude ou, no seu caso, ao recoñecemento da pensión que a cause; pasado o devandito prazo, os efectos produciranse dende o primeiro día do sétimo mes seguinte a esta.
Complemento para a redución da fenda de xénero
O complemento de pensións contributivas para a redución da fenda de xénero, substitúe o complemento por maternidade por achega demográfica por un complemento dirixido á redución da fenda de xénero, co que se persegue reparar o dano que sufriron ao longo da súa carreira profesional as mulleres por asumir un papel principal na tarefa dos coidados dos fillos que se proxecta no ámbito das pensións