Convenio especial para deportistas de alto nivel
Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.
Quen o pode subscribir?
Para subscribir este convenio especial é necesario cumprir os seguintes requisitos:
- Ter a condición de deportista de alto nivel. Esta condición recoñécese por resolución do Secretario de Estado-Presidente do Consello Superior de Deportes, publicada no “Boletín Oficial do Estado” (art.o 3 RD 971/2007, do 13 de xullo).
- Non estar incluído pola súa actividade deportiva ou por calquera outra actividade que realice en calquera dos réximes da Seguridade Social.
- Ser maior de 18 anos.
- Dispoñer do Número da Seguridade Social.
Non se esixe período de cotización previo á solicitude do convenio especial
Forma e prazo de solicitude
A solicitude de alta deste convenio especial pódese presentar dentro do período en que o solicitante ostente a condición de deportista de alto nivel.
A solicitude de subscrición pódese presentar a través dalgún dos medios indicados no apartado "Alta, baixa ou variación de datos do convenio especial" da sección "Trámites e Xestións de Convenios Especiais".
Acción protectora
A cotización neste convenio especial ten por obxecto a cobertura das mesmas prestacións que o Convenio especial ordinario, as cales se recoñecerán con arranxo ás normas do Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos.
Efectos
A data de inicio deste convenio especial será o día da presentación da solicitude.
Extinción
O convenio especial extinguirase por calquera das seguintes causas:
- Polas mesmas causas que o Convenio especial ordinario.
- Pola realización de calquera actividade profesional por conta propia ou allea que supoña a inclusión do deportista de alto nivel en calquera réxime da Seguridade Social.
Non será causa de extinción do convenio especial de deportista de alto nivel a exclusión nas sucesivas relacións de deportistas de alto nivel publicadas no BOE, daqueles deportistas que estivesen incluídos con anterioridade e subscribisen o convenio.
Cotización
Suxeito responsable da obriga de cotizar
O suxeito responsable de ingresar a cota é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario.
Base de cotización
A base de cotización aplicable será a elixida polo subscritor entre as vixentes no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos.
Determinación da cota a ingresar
O cálculo da cota a ingresar polo subscritor deste convenio especial é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario.
Prazo de ingreso
O prazo de ingreso da cota é dentro do mes natural ao que corresponda a liquidación.
Forma de pagamento
A forma de pagamento deste convenio especial é domiciliación bancaria.
Incremento da base de cotización do convenio con posterioridade á subscrición do convenio especial
O incremento da base de cotización con posterioridade á subscrición deste convenio é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario.
Documentación necesaria para a solicitude
- Cando se formulen a través do servizo “Alta en convenio especial” dispoñible na Sede Electrónica da Seguridade Social, as solicitudes han de ir acompañadas da documentación que se describe no apartado “Documentación adxunta” do citado servizo.
- Cando se formulen a través da presentación do Modelo TA.0040 - Solicitude de alta/ variación de datos/baixa/suspensión/renovación do convenio especial, as solicitudes han de ir acompañadas da documentación que se describe nas instrucións do citado formulario.
Normativa aplicable
- Artigo 27 da Orde TAS/2865/2003, do 18 de outubro pola que se regulamenta o convenio especial no Sistema da Seguridade Social
- Real Decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento.
- No non establecido nos citados artigos, resultará de aplicación o establecido no Capítulo I da Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro, relativo á regulación do Convenio especial ordinario.
Inicio