Pluriemprego ou pluriactividade. Cesamento en emprego/actividade
Quen o pode subscribir?
Para subscribir este convenio especial é necesario cumprir os seguintes requisitos:
- Ter prestado servizos para dous ou máis empresarios en situación de pluriemprego e se extinga algún dos seus contratos de traballo ou ter prestado servizos en situación de pluriactividade e se produza o cesamento nalgunha das actividades.
- Deberase acreditar, na data de solicitude deste convenio especial, un período de 1.080 días de cotización previa na situación de pluriemprego ou pluriactividade. As cotizacións computables e non computables son as mesmas establecidas para o Convenio especial ordinario.
Forma e prazo de solicitude
A solicitude de alta deste convenio especial pódese presentar en calquera momento.
A solicitude de subscrición pódese presentar a través dos medios indicados no apartado "Alta, baixa ou variación de datos do convenio especial" da sección "Trámites e Xestións de Convenios Especiais".
Acción protectora
A cotización neste convenio especial ten por obxecto a cobertura das mesmas prestacións que o Convenio especial ordinario.
Efectos
A data de inicio deste convenio especial dependerá de cando se presente a solicitude de alta:
- Se a solicitude de alta se presenta dentro dos 90 días naturais seguintes á data de cesamento nalgunha das actividades por conta allea determinantes da situación de pluriemprego ou a actividade ou actividades por conta propia, ou na prestación ou prestacións de servizos por conta allea constitutivas da súa situación de pluriactividade, o subscritor poderá optar porque o convenio produza efectos:
-
- Desde o día de presentación da solicitude.
- Desde o día seguinte á data determinante da subscrición do convenio. É dicir, aquel en que producise efectos a baixa no Réxime correspondente ou cesamento da actividade. De non se efectuar opción, esta última será a data de efectos. De non se efectuar opción, esta última será a data de efectos.
- Se a solicitude de alta se presenta fóra do prazo dos 90 días, a data de inicio do convenio será desde o día da presentación da solicitude da alta deste.
Cotización
Suxeito responsable do ingreso da cota
O suxeito responsable de ingresar a cota é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario.
Base de cotización
A base de cotización do convenio especial será igual á diferenza entre a suma das bases de cotización do mes natural anterior ao cesamento e o importe das bases polas que cotice tras o citado cesamento nalgunha das actividades ou empregos.
Determinación da cota a ingresar
O cálculo da cota a ingresar polo subscritor deste convenio especial é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario.
Prazo de ingreso
O prazo de ingreso da cota é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario.
Forma de pagamento
A forma de pagamento deste convenio especial é domiciliación bancaria.
Incremento da base de cotización con posterioridade á subscrición do convenio especial
O incremento da base de cotización con posterioridade á subscrición do convenio especial é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario.
Extinción
O convenio especial extinguirase por calquera das seguintes causas:
- Polas mesmas causas que o Convenio especial ordinario.
- Por perder a condición de traballador en situación de pluriemprego ou pluriactividade.
Normativa aplicable
- Artigo 23 da Orde TAS/2865/2003, do 18 de outubro pola que se regulamenta o convenio especial no Sistema da Seguridade Social
- No non establecido no citado artigo, resultará de aplicación o establecido no Capítulo I da Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro, relativo á regulación do Convenio especial ordinario.
Resolución
O prazo para resolver a solicitude de subscrición deste convenio especial é o establecido con carácter xeral para as solicitudes de alta do Convenio especial ordinario.
Inicio