Contenido principal
Financiamento. O orzamento da Seguridade Social
Obxectivos
Con esta unidade preténdese:
- Concienciar aos alumnos sobre o custo económico das prestacións de Seguridade Social, e a necesidade de garantir o bo funcionamento das súas fontes de financiamento.
- Acercar aos alumnos ao coñecemento dos orzamentos da Seguridade Social, norma que articula dende o punto de vista económico e financeiro o funcionamento da mesma.
Contidos
- Financiamento
- O orzamento da Seguridade Social. Introdución. Elaboración do Orzamento, Contido, Gastos e Ingresos + O Orzamento da Seguridade Social 2009.
Lembramos que...
- As prestacións de Seguridade Social teñen un gran custo económico, ao afectar a un número moi elevado de cidadáns.
- Tanto para a sociedade, como concretamente para as prestacións de cada cidadán, é moi importante o control do cumprimento da obriga de cotizar por parte do empresario e demais responsables.
- O principio de Caixa Única garante a solidariedade, e igualdade de trato, entre os españois, con independencia do seu lugar de residencia.
- O principio de Reparto supón un Sistema de solidariedade entre xeracións.