Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Aprazamentos de débedas

Procedemento de Aprazamento de débedas


Obxecto:

É un acto administrativo que solicita o debedor e mediante o cal se autoriza o pagamento das débedas de Seguridade Social fóra do prazo regulamentario de ingreso.

Suxeito:

A persoa responsable do pagamento da débeda.

Impresos:
  • TC 17/10 Solicitude de aprazamento no pagamento de débedas coa Seguridade Social.
  • TC 17/11 Recoñecemento de débedas coa Seguridade Social.
  • TC 17/12 Solicitude de domiciliación de vencementos de aprazamentos.
  • TC de liquidación inaprazable.
  • TC de liquidación aprazable.
  • TC-2 Relación nominal dos traballadores, se non se presentou con anterioridade. 

Máis información sobre impresos

Documentación:
  • Documentación de garantías en caso de ser esixibles.
  • Número de conta corrente no que serán cargados os vencementos.
  • Calquera outra que fundamente a petición.

Máis información sobre documentación

Onde tramitalo:

A solicitude dirixirase áDirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Administración da Seguridade Social ou Unidade de Recadación Executiva da Seguridade Social en que o empresario ou suxeito responsable do pagamento teña autorizada a conta de cotización ou, no seu defecto, na que teña o seu domicilio.


Se é cidadán, pode realizar a súa solicitude a través do trámite Aprazamento no pagamento de débedas á Seguridade Social, dispoñible en Importass. Se é empresa, deberá realizalo a través do Rexistro Electrónico.


A solicitude poderá presentarse en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Prazos:
  • A solicitude poderase presentar en calquera momento dende que se inicia o prazo regulamentario de ingreso da débeda que se trate.
  • Disponse dun prazo de 10 días para emendar erros ou completar a solicitude desde que a Administración o requira.
  • A Administración ditará e notificará a resolución no prazo de 3 meses naturais desde a recepción da solicitude no órgano competente para a súa tramitación.
  • O período total de aprazamento non poderá exceder de 5 anos.
Efectos:

Deberanse cumprir as seguintes condicións: pagamento de inaprazables, constitución de garantías, e aboamento de cotas correntes para que se produzan os seguintes efectos:

  • A suspensión do procedemento recadatorio, en canto ás débedas aprazadas.
  • E que o debedor sexa considerado ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social.

Máis información sobre efectos

Outros datos de interese:
  • A solicitude comprenderá a totalidade das débedas.
  • En xeral, denegaranse as solicitudes cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
    • Existan reiterados incumprimentos de aprazamentos anteriormente concedidos
    • Cando ao momento da solicitude fose xa autorizada a alienación de bens embargados
    • Cando o importe da débeda aprazable non supere o dobre do salario mínimo interprofesional vixente
  • Segundo as circunstancias o aprazamento deberá asegurarse mediante garantía suficiente para cubrir o importe principal da débeda, recargas, intereses e costas.
  • Os vencementos do aprazamento domiciliaranse en calquera Entidade Financeira (Bancos, Caixas de Aforros, Cooperativas de Crédito ou Caixas Rurais) autorizada para actuar como Oficina Recadadora.
  • Normativa reguladora.
  • Intereses.
  • Incumprimento.
  • Resolución. 

Preguntas máis frecuentes.

 
Complementary Content
${loading}