Prestación económica por parto ou adopción múltiples
Información Xeral
Obxecto: |
É unha prestación económica de pagamento único que ten por obxecto compensar, en parte, o aumento de gastos que produce nas familias o nacemento ou adopción simultánea de dous ou máis fillos. |
---|---|
Causantes: |
Os fillos nacidos ou adoptados por parto ou adopción múltiples, sempre que o número de fillos nacidos ou adoptados sexa igual ou superior a dous (se algún estivese afectado por discapacidade igual ou superior ao 33%, computará o dobre) e o nacemento ou formalización da adopción se producise en España. |
Beneficiarios: |
Os proxenitores ou adoptantes que reúnan os requisitos esixidos. Se existe convivencia dos proxenitores ou adoptantes, será beneficiario calquera deles de común acordo; se hai falta de acordo, será a nai. Se non existe convivencia, será beneficiario o que teña ao seu cargo a garda e custodia dos fillos. Cando os nenos queden orfos de ambos proxenitores ou adoptantes ou estean abandonados, será beneficiaria a persoa que legalmente se faga cargo deles. |
Requisitos: |
|
Contías / Pagamentos / Efectos: |
Dependendo de que o número de fillos nacidos ou adoptados sexa 2, 3, 4 e máis, a contía da prestación económica será o resultado de multiplicar por 4, 8 ou 12 o importe mensual do SMI . O aboamento efectúase nun pagamento único. |
Duración: |
Dunha soa vez. |
Prazos: |
O prazo máximo para ditar resolución e notificala ao interesado é de 45 días. |
Denegación / Extinción: |
O dereito ao recoñecemento da prestación prescribe aos 5 anos, contados desde o día seguinte ao nacemento ou adopción múltiples. |
Impreso: | |
Documentación: |
Achegaranse os documentos necesarios para a acreditación da identidade e das circunstancias determinantes do dereito. En ningún caso será esixible ao solicitante a acreditación de feitos, datos ou circunstancias que a Administración da Seguridade Social deba coñecer en por si. |
Onde tramitalo: |
A solicitude e documentación esixida poderá presentarse a través da sede electrónica da Seguridade Social (https://sede.seg-social.gob.es), por correo ordinario ou nun Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS). |
Entidade competente: |
A xestión e o recoñecemento do dereito á asignación económica é competencia do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). |
Outros datos de interese: |