Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Valore esta páxina
Valore este contido

Inscrición do empresario

Procedemento

Procedemento de Inscrición do empresario

Información Xeral


Obxecto:

A asignación dun número ao empresario, por parte da Tesourería Xeral da Seguridade Social, para a súa identificación no Réxime que lle corresponde do Sistema da Seguridade Social. Este número é considerado como principal Código de Conta de cotización.

Suxeitos:

Empresarios

Impresos:

Débese presentar o Modelo TA-6 para todos os Réximes, agás para o Sistema Especial de Empregados do Fogar que é o Modelo TA.6-0138_FOGAR.

Máis información sobre impresos

Documentación:

Empresario individual:

  1. Modelo oficial da solicitude.
  2. Orixinal ou copia do documento identificativo do titular da empresa, empresario individual ou titular do fogar familiar.
  3. Documento emitido polo Ministerio de Economía e Facenda asignando o Número de Identificación Fiscal no que conste a Actividade Económica da Empresa segundo CNAE -09. (non se require este documento para o Sistema Especial para Empregados de Fogar). 

Empresario Colectivo e Sociedades

Onde tramitalo:

Ante a Administración da Tesouraría Xeral da Seguridade Social máis próxima ao seu domicilio de actividade. Se dispón dun certificado dixital pode realizar esta solicitude a través da Sede Electrónica a través dos servizos dispoñibles para "Empresas"

Prazos:

O empresario que por vez primeira vaia contratar traballadores deberá solicitar a súa inscrición como empresa antes do inicio da actividade.

Os documentos formalizados respecto da cobertura dos riscos profesionais e da prestación económica da incapacidade temporal derivada de continxencias comúns manterán a súa vixencia polo período dun ano e entenderanse prorrogados por períodos de igual duración.

Outros datos de interese:

Preguntas máis frecuentes.

Complementary Content
${loading}