A quen lle corresponde o pago da IT en caso de recaída se neste momento a aseguradora é distinta á que protexeu o accidente inicial?
-
En caso de enfermidade común ou accidente non laboral:
A entidade que protexe a IT no momento da recaída é a que asume o pagamento da prestación, calculando o subsidio en función das bases de cotización do momento da recaída, con independencia de quen a protexese no primeiro proceso. -
En caso de AT ou EP:
-
Se a base reguladora do AT inicial é igual ou superior á da recaída: a primeira aseguradora aboará a recaída tomando como base reguladora a da recaída. A segunda queda liberada do pagamento.
-
Se a base reguladora do AT inicial é inferior á da recaída: a primeira aseguradora aboará o importe pola base asegurada no AT inicial e a segunda pagará a diferenza entre a primeira base reguladora e a da recaída.
-
Este criterio mantense aínda cando mediasen máis de 180 días sen actividade laboral, aínda que non é un proceso acumulable para os efectos da duración máxima da IT.
Se no momento da recaída o traballador se encontra en desemprego, será a aseguradora inicial a que responda da IT en función da base reguladora do primeiro proceso ou dos salarios do accidente, se nese momento non se produciu baixa médica. Non obstante, ao pagamento aplicaránselle as limitacións do Art. 222 da LXSS.