Valore este contenido
Pensionistas e pensións nacionais
Tema: Extinción
-
Extinción
-
Pódese manter o dereito á pensión de viuvez se se contrae novo matrimonio?
Categoría: Viuvez, orfandade e favor familiar > Tema: ExtinciónPoderase manter o dereito da pensión de viuvez, aínda que o pensionista contraia un novo matrimonio, sempre que se acrediten os requisitos seguintes:
- Ter máis de 61 anos ou ter menos e ter tamén recoñecida unha pensión de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez ou acreditar unha minusvalía en grao superior ao 65%.
- A pensión de viuvez debe constituír a principal ou única fonte de ingresos do pensionista. Enténdese que constitúe a principal fonte de ingresos cando o seu importe represente, como mínimo, o 75% do total de ingresos daquel, en cómputo anual.
- Ter o matrimonio uns ingresos anuais, de calquera natureza, incluída a pensión de viuvez, que non superen dúas veces o importe, en cómputo anual, do SMI vixente en cada momento.
Accións dispoñibles - Ter máis de 61 anos ou ter menos e ter tamén recoñecida unha pensión de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez ou acreditar unha minusvalía en grao superior ao 65%.
-
Cando se extingue a pensión en favor de familiares?
Categoría: Viuvez, orfandade e favor familiar > Tema: Extinción- No caso de pensión dos netos e irmáns, polas mesmas causas ca a orfandade.
- Se se trata de ascendentes, fillas/os e irmáns/ás de máis de 45 anos:
- Ao contraer matrimonio.
- Falecemento.
- Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido en accidente.
- Ao contraer matrimonio.
Accións dispoñibles
-