Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Valore esta páxina
Valore este contido

Incompatibilidades - Compatibilidades

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

É posible xubilarse e traballar á vez?

A regra xeral é que o desfrute da pensión é incompatible coa realización dunha actividade por conta allea ou propia que dea lugar á alta na Seguridade Social. Non obstante, existen diversas excepcións:

  • A xubilación parcial permite ao traballador, de común acordo coa súa empresa, reducir a súa xornada de traballo entre un 25 % e un 50 %, pasando a percibir a pensión de xubilación en contía proporcional inversa á redución de xornada. Se o traballador non ten cumprida a idade regulamentaria de xubilación, a empresa deberá concertar un contrato de remuda con outro traballador.
  • A xubilación activa, permite compatibilizar a pensión de xubilación cun traballo por conta allea ou propia, a xornada completa ou parcial, sempre que a xubilación se producise a partir da idade ordinaria e cunha porcentaxe aplicable á base reguladora do 100 % por ter unha carreira de cotización completa. Durante a xubilación activa cóbrase o 50 % da pensión. Non obstante, se a actividade se realiza por conta propia e se acredita ter contratado, polo menos, a un traballador por conta allea, a contía da pensión compatible co traballo acadará o 100 %.
  • A xubilación flexible, permite a quen xa é pensionista de xubilación iniciar un traballo a tempo parcial cunha redución de xornada comprendida entre un 25 % e un 50 % sobre a xornada habitual na actividade, e compatibilizalo coa pensión que viña cobrando, reducida en proporción á porcentaxe de xornada desempeñada a tempo parcial.
  • A pensión de xubilación tamén é compatible coa realización de traballos por conta propia cuxos rendementos totais anuais non superen o importe do salario mínimo interprofesional en cómputo anual.
  • A pensión contributiva de xubilación tamén pode compatibilizarse co desenvolvemento dunha actividade de creación artística pola que se perciban ingresos derivados da titularidade de dereitos de propiedade intelectual.

Por outra parte, a pensión de xubilación do empresario é compatible co simple mantemento da titularidade do negocio ou establecemento mercantil, sempre que non leve a cabo ningún traballo.

Para unha información personalizada, sería conveniente acudir a calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS).

Podo traballar se estou xubilado?

A regra xeral é que o gozo da pensión é incompatible coa realización de traballos por conta allea/propia ou coa realización de actividades para as Administracións Públicas.

Como excepcións á devandita incompatibilidade, a pensión de xubilación será compatible coa realización de: 

  • Traballos a tempo parcial nos termos establecidos para a modalidade da  xubilación flexible. O importe da pensión de xubilación reducirase en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo.
  • Traballos por conta propia, cuxos ingresos anuais totais non superen o salario mínimo interprofesional (SMI), en cómputo anual.
  • Calquera traballo por conta allea ou por conta propia do pensionista, sempre que se accedese á pensión á idade regulamentaria (sen bonificacións ou anticipacións da idade) e a porcentaxe aplicable á respectiva base reguladora para os efectos de determinar a contía da pensión alcance o 100%. Como norma xeral, a contía da pensión será equivalente ao 50% do importe da pensión.

En calquera caso, o pensionista deberá comunicar á entidade xestora que vai iniciar a actividade laboral.

Se a un 'xubilado' lle ofrecen un traballo a tempo parcial, cantas horas poderá traballar para seguir percibindo a pensión?

Se celebra un contrato de traballo a tempo parcial, dentro dos límites de redución legalmente establecidos na "xubilación flexible", minoraráselle a pensión de xubilación en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo. A realización de xornadas inferiores ao 50% ou superiores ao 75% supoñerá a suspensión da pensión.

En determinadas circunstancias, a partir do 17-03-2013, é posible compatibilizar a pensión de xubilación (unha vez reducida ao 50% da súa contía) cun traballo a tempo completo ou a tempo parcial, sen limitación da xornada de traballo.

Se cotizo ao réxime xeral e ao de autónomos, podo ter dereito a dúas pensións de xubilación?

Pode ter dereito a dúas pensións, sempre que cumpra os requisitos esixidos por separado en cada réxime. Se non está en situación de alta ou asimilada nalgún deses réximes no momento da xubilación, será necesario que as cotizacións acreditadas en cada un deles se superpoñan, polo menos, durante 15 anos.

No suposto de que non cause pensión nun dos réximes, as bases de cotización acreditadas neste último poderán ser acumuladas ás do réxime en que se cause dereito, exclusivamente para determinar a base reguladora, sen que a suma das bases poida exceder do límite máximo de cotización vixente en cada momento.

E compatible a pensión de xubilación coa titularidade dun negocio?

A pensión de xubilación é compatible coa titularidade dun negocio e coas funcións inherentes a esa titularidade, polo que é necesario delimitar as funcións inherentes á titularidade segundo a normativa mercantil relativa á actividade do empresario.

En principio, o titular do negocio pode realizar calquera función conveniente ou necesaria para a consecución dos seus fins, aínda que o habitual é que utilice o concurso doutras persoas, ben porque non pode, ben porque non quere actuar persoalmente, pois a titularidade dun negocio ou empresa non esixe do empresario desenvolver unha actividade empresarial directa e persoalmente, senón que abonda con que esta se realice no seu nome, é dicir, de xeito que se lle atribúen as relacións xurídicas con terceiros que se xeren e todos os dereitos e obrigas que se produzan, asumindo o titular o risco e ventura do negocio.

Todo o que supoña xestión, administración e dirección ordinaria da empresa debe reputarse actividade incompatible coa pensión de xubilación do RETA  tanto para o empresario individual como para o empresario de feito dunha sociedade mercantil capitalista, pois dará lugar á alta no sistema da Seguridade Social e pódese citar, a título de exemplo, a sinatura de contratos en xeral, de convenios colectivos, representación en xuízos e fóra del da empresa, asinar avais...

Complementary Content
${loading}