Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Beneficiarios / Requisitos

Cal é a idade esixida para acceder á xubilación?

A idade de acceso á pensión de xubilación depende da idade do interesado e das cotizacións acumuladas ao longo da súa vida laboral.

As idades de xubilación e os períodos de cotización aplicaranse de forma gradual ata o 2027.

A idade mínima pode ser rebaixada ou anticipada, só para traballadores en alta ou en situación asimilada á de alta, en determinados supostos especiais.

Se se cotizou a varios réximes, cal deles recoñecerá a pensión de xubilación?

En primeiro lugar, recoñecerá a pensión o réxime no que o interesado estea en alta no momento do feito causante ou o último no que se produciu esa circunstancia, sempre que reúna todos os requisitos. En caso de non corresponder o dereito, aplicarase a mesma fórmula nos réximes anteriores.

Se en ningún deles se acreditan os requisitos necesarios, resolverá o réxime no que o interesado acredite maior número de cotizacións, previa totalización de todas as que acredite o interesado.

Se o traballador non acredita o requisito da idade esixido no réxime no que acredite o maior número de cotizacións, poderá recoñecerse a pensión por ese réxime sempre que cumpra o requisito de idade nalgún dos demais réximes que se tivesen en conta para a totalización de períodos de cotización, ademais do resto de requisitos esixibles para iso (5 anos ou 1/4 das cotizacións no réxime que permite a xubilación anticipada).

Poden xubilarse os traballadores autónomos antes da idade regulamentaria de xubilación?

Se o traballador "ten a condición de mutualista", podería xubilarse a partir dos 60 anos sempre que cumpra determinados requisitos.

Se o traballador "non ten a condición de mutualista" e cesa como Autónomo, podería xubilarse a unha idade inferior en dous anos, como máximo, á idade que regulamentariamente lle sería de aplicación, sempre que alcance o resto dos requisitos esixidos.

En que consiste a bonificación de idade por discapacidade?

Os períodos efectivamente traballados (como traballador por conta allea incluído no Réxime Xeral, así como nos réximes especiais de Traballadores do Mar e da Minaría do Carbón), nos que o traballador acredite unha discapacidade igual ou superior ao 65%, multiplícanse polo coeficiente redutor que corresponda:

  • O coeficiente do 0,25, nos casos en que o traballador teña acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
  • O coeficiente do 0,50, nos casos en que o traballador teña acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% e acredite a necesidade do concurso doutra persoa para a realización dos actos esenciais da vida ordinaria.

O resultado en días súmase á idade real do traballador e obtense a idade ficticia que será a tida en conta para os efectos da pensión de xubilación.
 

A que traballadores se lles aplica a xubilación parcial?

A xubilación parcial é aplicable aos traballadores por conta allea, a tempo completo, integrados en calquera réxime por conta allea da Seguridade Social. Non é aplicable ao persoal con relación funcionarial ou estatutaria, conselleiros ou administradores asimilados a traballadores por conta allea, representantes de comercio e artistas.

Respecto dos traballadores por conta propia, o artigo 318 do Texto Refundido da  LGSS, dispón que a xubilación parcial resultará de aplicación aos traballadores por conta propia incluídos nos Réximes Especiais de Traballadores do Mar e de Traballadores Autónomos, nos termos e condicións que se establezan regulamentariamente. Dado que non tivo lugar este desenvolvemento regulamentario, estes traballadores non poden causar, na actualidade, este tipo de xubilación.

Pódese xubilar unha persoa que está inscrita como demandante de emprego, pero que non ten dous anos de cotización dentro dos últimos 15?

Se accede á pensión dende unha situación asimilada á de alta sen obriga de cotizar, (por exemplo, está no paro involuntario con demanda de emprego ininterrompida dende que finalizou a prestación por desemprego), o período específico de cotización de 2 anos deberá estar comprendido dentro dos últimos 15 anteriores á data en que cesou a obriga de cotizar (finalización da prestación por desemprego).

Pode xubilarse anticipadamente o traballador que cesou voluntariamente no traballo?

Se o traballador "ten a condición de mutualista", si podería xubilarse a partir dos 60 anos sempre que cumpra os requisitos esixidos.

Se o traballador "no ten a condición de mutualista" e o cesamento no último traballo se produce pola libre vontade do traballador, podería xubilarse a unha idade inferior a dous anos, como máximo, á idade que regulamentariamente lle sería de aplicación, sempre que alcance o resto de requisitos esixidos.

É posible xubilarse cunha idade inferior á regulamentaria sen a aplicación de coeficientes redutores?

Si, en determinados supostos con regulación específica como son determinados artistas e profesionais taurinos.

Tampouco se aplicarán coeficientes redutores naqueles casos en que, por aplicación de bonificacións por traballos penosos ou por discapacidade, se alcancen os anos ficticios regulamentarios.

Se o traballador solicita a xubilación parcial, ten que traballar ata a idade regulamentaria para logo ter dereito á pensión normal?

Non é necesario esperar á idade regulamentaria de xubilación. O traballador que se acolle á xubilación parcial poderá solicitar a pensión de xubilación ordinaria ou anticipada, en calquera das súas modalidades, sempre que reúna todos os requisitos para iso.

Pode solicitar a xubilación parcial quen fixo xa a idade ordinaria de xubilación?

Si. Neste caso, non será necesario que se teña simultaneamente un contrato de remuda.

Complementary Content
${loading}