Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Homologación de centros privados para a impartición de formación sanitaria específica.

A Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo, pola que se establecen os contidos mínimos dos programas de formación sanitaria específica e as condicións para a expedición e homologación do certificado de formación sanitaria dos traballadores do mar, dispón nos seus artigos 5 e 7, que corresponde ao Instituto Social da Mariña a homologación e o control das condicións que deben reunir os centros privados que pretendan impartir formación sanitaria específica.

A Resolución do 24 de abril de 2013, do Instituto Social da Mariña, sobre condicións que deben reunir os centros de formación e procedemento de homologación de centros privados para a impartición de formación sanitaria específica, regula o procedemento de homologación de centros privados para impartir cursos de formación sanitaria específica.

Condicións xerais dos centros.

Os centros autorizados para impartir cursos de formación sanitaria específica estarán sometidos ao cumprimento das disposicións do Convenio STCW-78/95 e, en particular, ás seguintes:

  1. Implantar un sistema de calidade (establecido na Regra I/8 e a Sección A-I/8).
  2. Garantir que os responsables da formación e avaliación estean debidamente cualificados respecto ás materias que imparten e que a formación dos alumnos se administra, supervisa e controla de conformidade coas disposicións da Regra I/6 e a Sección A-I/6.
  3. Garantir o desenvolvemento dos contidos teórico-prácticos e a temporalización establecidos para cada curso de formación sanitaria específica inicial e avanzada e as súas actualizacións.
  4. Garantir as condicións mínimas de seguridade e habitabilidade dos locais de impartición, o seu equipamento, material didáctico e medios funxibles para cada nivel de formación sanitaria específica, inicial e avanzada, establecidos no anexo II da Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo, pola que se establecen os contidos mínimos dos programas de formación sanitario específico e as condicións para a expedición e homologación do certificado de formación sanitaria dos traballadores do mar.

Tipos de homologación.

Os centros privados poderán solicitar a homologación para impartir os cursos de formación sanitaria específica e as súas actualizacións en:

a) Modalidade estable: A aula ou aulas onde se imparten os cursos quedan autorizadas no momento da homologación. Esta modalidade subdivídese en dous tipos:

  1. Instalacións fixas: aquelas nas que a formación se realiza no local autorizado na correspondente homologación.
  2. Unidades móbiles: aquelas situadas en estruturas móbiles (camións articulados ou calquera outro sistema) completamente equipadas co material e equipos necesarios para a impartición de cursos de formación sanitaria específica.

b) Modalidade itinerante:A aula ou aulas onde se imparte cada curso autorízase con carácter previo á realización deste.

Solicitude.

A solicitude de homologación formalizarase cubrindo o Anexo II (modelo oficial de solicitude) e dirixirase á Dirección do Instituto Social da Mariña, presentando a mesma e a documentación complementaria que se indica a continuación, nos servizos centrais do Instituto Social da Mariña, nas súas direccións provinciais ou centros locais ou remitíndoa por calquera dos medios admitidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Deberase presentar unha solicitude distinta por cada unha das modalidades ou subtipos de formación que se pretenda impartir, que irá acompañada dos seguintes documentos:

a) Acreditación de identidade do solicitante e/ou representante legal. Para os efectos de identificación, o solicitante deberá presentar:

  1. No suposto de persoas físicas: o modelo de autorización (Anexo III), debidamente cuberto, para a comprobación dos datos mediante o sistema de acceso informatizado coas debidas garantías de confidencialidade. No seu defecto, fotocopia compulsada do documento nacional de identidade, pasaporte ou NIE (número de identificación de estranxeiros).
  2. No suposto de persoas xurídicas: fotocopia compulsada do código de identificación fiscal do beneficiario.
  3. Documentación acreditativa da representación legal, se é o caso, que poderá ser substituída por certificación expedida pola dirección provincial do Instituto Social da Mariña correspondente.

b) Escritura de constitución, se se trata dunha persoa xurídica.

c) Certificado que acredite que o solicitante se encontra ao corrente no pagamento das obrigas tributarias e de Seguridade Social. Non será precisa a achega dos devanditos certificados polo solicitante se manifesta expresamente o seu consentimento para que estes datos sexan solicitados polo órgano xestor á Axencia Estatal de Administración Tributaria e á Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

d) Certificado do sistema de calidade implantado, expedido por unha auditoría externa, no que conste que está incluída a impartición de formación sanitaria específica.

e) Memoria descritiva que desenvolva os puntos establecidos no Anexo VI da Resolución do 24 de abril de 2013:

  1. Instalacións, mobiliario e equipos (só para modalidade estable):
    1. Superficie mínima das aulas (m2/ alumno).
    2. Descrición das instalacións comúns.
    3. Descrición do mobiliario docente e elementos auxiliares.
    4. Medidas de seguridade e hixiene nos locais: dispositivos de extinción de incendios, sinalizacións de seguridade, caixa de primeiros auxilios, condicións de habitabilidade das aulas (calefacción, aire acondicionado, iluminación, limpeza, etc.).
  2. Medios e material didácticos:
    1. Descrición de medios audiovisuais destinados á actividade formativa.
    2. Descrición do material de apoio docente.
  3. Organización xeral do centro.
    1. Plan de mantemento e conservación dos equipos e materiais.
    2. Plan formativo (contido dos cursos e tempos asignados, deseño das unidades didácticas teóricas e prácticas, procedemento para efectuar as probas teóricas e prácticas dos cursos).
    3. Métodos de avaliación das actividades formativas.
    4. Modelo de memoria das actividades docentes. 
    5. Modelo de enquisa do grao de satisfacción do alumnado.
  4. Recursos humanos.
    1. Persoal docente. 
    2. Persoal administrativo.
  5. Xestión administrativa. Tarefas relacionadas co seguimento e control administrativo dos cursos impartidos: arquivo da documentación e expedientes académicos do alumnado, copias de seguridade dos arquivos informáticos, modelo de rexistro de títulos e certificados entregados, modelo de actas dos cursos.

f) Declaración de cumprir as condicións mínimas establecidas no anexo II da Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo.

g) Un exemplar do manual do alumno, cuxo contido se axuste aos obxectivos establecidos no anexo I da Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo.

Toda a documentación se facilitará en formato papel e unha copia en soporte electrónico ou por medios telemáticos.

Validez da homologación.

Unha vez emitida a resolución favorable polo Director do Instituto Social da Mariña, a homologación terá validez por un período máximo de tres anos, contados a partir da data da súa notificación.

As homologacións relativas á formación sanitaria específica inicial e/ou avanzada entenderanse estendidas aos seus correspondentes programas de actualización.

A homologación dos centros para a impartición da formación sanitaria específica avanzada e a súa actualización, comprenderá tamén homologación para a impartición da formación sanitaria específica inicial e a súa actualización na mesma modalidade autorizada.

Tanto a resolución de homologación coma as correspondentes ás sucesivas prórrogas, serán publicadas no «Boletín Oficial do Estado».

Prórroga da homologación.

A vixencia das homologacións pode ser prorrogada por períodos trianuais sucesivos sempre que se solicite, polo menos, un mes antes da data de expiración.

Deberá presentarse unha solicitude (Anexo II) distinta por cada unha das modalidades e tipo de formación que se solicite, acompañada da seguinte documentación:

  1. Memoria sobre os cursos realizados sobre a base da homologación para a que solicita a prórroga.
  2. Certificado que acredite que o solicitante se encontra ao corrente no pagamento das obrigas tributarias e de Seguridade Social. Non será precisa a achega dos devanditos certificados polo solicitante se manifesta expresamente o seu consentimento para que estes datos sexan solicitados polo órgano xestor á Axencia Estatal de Administración Tributaria e á Tesouraría Xeral da Seguridade Social (Anexo V).
  3. Certificado do sistema de calidade implantado, expedido por unha auditoría externa, no que conste que está incluída a impartición de formación sanitaria específica. 
  4. Declaración (Anexo VII) de cumprir as condicións mínimas establecidas no anexo II da Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo.
  5. Para aqueles instrutores que desexen manter no cadro de docentes asignado ao centro, solicitude conforme o modelo establecido (Anexo VIII).

Á vista da memoria, plans de estudos, prácticas e demais documentación que presente o centro sobre os cursos realizados sobre a base da homologación e examinadas as documentacións, e logo de verificación pola dirección provincial do Instituto Social da Mariña respectiva de que se seguen cumprindo as condicións mínimas materiais e a nivel de profesorado esixidos pola Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo, a Subdirección Xeral de Acción Social Marítima elevará a proposta de prórroga de homologación á Dirección do Instituto Social da Mariña.

Desenvolvemento dos cursos en modalidade estable.

Os centros homologados deberán facilitar ás direccións provinciais do Instituto Social da Mariña, en cuxo ámbito territorial estea sito o centro e se desenvolva a actividade formativa, a seguinte información respecto aos cursos impartidos en modalidade estable:

Con carácter previo á realización do curso, polo menos quince días antes do seu inicio:

  1. Lugar de realización do curso.
  2. Datas de inicio e finalización.
  3. Distribución do contido do curso na datas do seu desenvolvemento.
  4. Docentes asignados para impartir o curso.

Unha vez finalizado o curso:

  1. Nas setenta e dúas horas posteriores á finalización do curso, mediante medios telemáticos, os datos dos alumnos que o superasen.
  2. No prazo de sete días dende a súa finalización, a acta correspondente ao curso realizado.

Desenvolvemento dos cursos en modalidade itinerante.

Unha vez concedida a homologación, a Dirección do Instituto Social da Mariña, a través da Subdirección Xeral de Acción Social Marítima, designará a dirección provincial que actuará como centro de enlace das restantes direccións provinciais nas que se realice a actividade docente. A dirección provincial de enlace solicitará destas a documentación e informes de inspección referidos ás aulas e cursos onde se vaia impartir a formación itinerante.

O centro homologado deberá comunicar á dirección provincial de enlace, a seguinte información respecto aos cursos impartidos en modalidade estable:

Con carácter previo á realización do curso, polo menos un mes antes do seu inicio:

  1. Anexo IX da Resolución do 24 de abril de 2013, onde deberá constar a localidade, características da aula onde se vaia impartir o curso, as datas de inicio e finalización, así como a distribución do curso nas datas de desenvolvemento deste e a relación de docentes.
  2. Plano ou esbozo con indicación das dimensións da aula ou aulas en que se impartirá o curso.

Unha vez recibida a solicitude, a dirección provincial de enlace solicitará da dirección provincial en que se realice a actividade docente, a documentación e informes de inspección referidos ás aulas onde se vaia impartir a formación itinerante ao obxecto de emitir a correspondente autorización para a celebración do curso.

Unha vez finalizado o curso:

  1. Nas setenta e dúas horas posteriores á finalización do curso, mediante medios telemáticos, os datos dos alumnos que o superasen.
  2. No prazo de sete días dende a súa finalización, a acta correspondente ao curso realizado.

Certificacións.

Os centros privados homologados polo Instituto Social da Mariña entregarán aos alumnos que superasen os cursos de formación sanitario específico unha certificación acreditativa, de acordo co Anexo I da Resolución do 24 de abril de 2013, que poderá presentarse en calquera dirección provincial do Instituto Social da Mariña para os efectos de expedición do correspondente Certificado de Formación Sanitario Específico do anexo IV da Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo, debidamente actualizado.

Medios humanos.

Cada curso deberá contar con:

  1. Un coordinador do curso, que será a persoa encargada da supervisión e control do curso e de emendar as incidencias que poidan xurdir.
  2. Polo menos un licenciado en medicina e un titulado en grao de enfermaría ou diplomado universitario en enfermaría ou equivalente, que serán os docentes encargados de impartir as unidades didácticas teóricas e prácticas do curso.

Para a habilitación dos docentes polo Instituto Social da Mariña, os centros deberán achegar, por cada un deles, a seguinte documentación:

  1. Solicitude conforme o modelo establecido no Anexo VIII da Resolución do 24 de abril de 2013.
  2. Para os efectos de acreditar a súa identidade, o docente poderá optar entre a presentación dunha fotocopia compulsada do documento nacional de identidade ou do número de identificación de estranxeiros, ou a autorización ao Instituto Social da Mariña para solicitar os datos de identidade do Ministerio do Interior, marcando para iso a casa correspondente na solicitude.
  3. Fotocopia compulsada do título académico correspondente.
  4. Acreditación da capacidade docente mediante fotocopia compulsada dalgún dos seguintes documentos:
    • • Diploma acreditativo de ter realizado un curso de polo menos 60 horas de formación de formadores en formación sanitaria para a xente do mar, emitido polo Instituto Social da Mariña.
    • • Diploma acreditativo de ter superado un curso en técnicas pedagóxicas de polo menos 80 horas, emitido por unha entidade distinta á solicitante.
    • • Documentación acreditativa de ter impartido un mínimo de 160 horas de actividade docente relacionada coa materia que hai que impartir.

O centro homologado deberá comunicar calquera variación do seu cadro docente ao Instituto Social da Mariña. No caso de que a modificación se refira á inclusión dun novo docente, deberase acompañar a documentación citada anteriormente.

Formularios.


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Anexo I. Certificado de curso. Descargar documento Anexo I. Certificado de curso.. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Anexo I. Certificado de curso.. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,556 KB) 27/05/2014
Anexo II. Solicitude de homologación ou prórroga. Descargar documento Anexo II. Solicitude de homologación ou prórroga.. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Anexo II. Solicitude de homologación ou prórroga.. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,999 KB) 27/05/2014
Anexo III. Verificación datos persoais. Descargar documento Anexo III. Verificación datos persoais.. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Anexo III. Verificación datos persoais.. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,579 KB) 27/05/2014
Anexo IV. Representación Legal. Descargar documento Anexo IV. Representación Legal.. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Anexo IV. Representación Legal.. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,698 KB) 27/05/2014
Anexo V. Consentimento cesión de datos. Descargar documento Anexo V. Consentimento cesión de datos.. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Anexo V. Consentimento cesión de datos.. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,580 KB) 27/05/2014
Anexo VI. Memoria descritiva. Descargar documento Anexo VI. Memoria descritiva.. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Anexo VI. Memoria descritiva.. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,32 KB) 27/05/2014
Anexo VII. Declaración de cumprir as condicións mínimas. Descargar documento Anexo VII. Declaración de cumprir as condicións mínimas.. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Anexo VII. Declaración de cumprir as condicións mínimas.. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,598 KB) 27/05/2014
Anexo VIII. Solicitude de docentes. Descargar documento Anexo VIII. Solicitude de docentes.. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Anexo VIII. Solicitude de docentes.. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,724 KB) 27/05/2014
Anexo IX. Comunicación de curso itinerante. Descargar documento Anexo IX. Comunicación de curso itinerante.. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Anexo IX. Comunicación de curso itinerante.. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,741 KB) 27/05/2014
Complementary Content
${loading}