Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta páxina
Valore este contido

Complemento para a redución da fenda de xénero

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

O complemento de pensións contributivas para a redución da fenda de xénero,  substitúe o complemento por maternidade por achega demográfica por un complemento dirixido á redución da fenda de xénero, co que se persegue reparar o dano que sufriron ao longo da súa carreira profesional as mulleres por asumir un papel principal na tarefa dos coidados dos fillos que se proxecta no ámbito das pensións

Beneficiarios

As mulleres e os homes que sexan persoas beneficiarias dunha pensión contributiva de xubilación (salvo a xubilación parcial), de incapacidade permanente ou de viuvez a partir do 4 de febreiro de 2021 e que tivesen un ou máis fillos ou fillas.
Cando se acceda á xubilación plena dende a xubilación parcial recoñecerase o complemento, se se cumpren os requisitos esixidos.

Requisitos

Para que os homes teñan dereito ao complemento deberán acreditar algún dos seguintes requisitos:

  • Causar unha pensión de viuvez por falecemento do outro proxenitor polos fillos ou fillas en común, sempre que algún deles teña dereito a percibir unha pensión de orfandade.

  • Causar unha pensión contributiva de xubilación ou incapacidade permanente e ter interrompido ou ter visto afectada a súa carreira profesional con ocasión do nacemento ou adopción, conforme ás seguintes condicións:

    1.ª No suposto de fillos ou fillas nacidos ou adoptados ata o 31 de decembro de 1994, ter máis de cento vinte días sen cotización entre os nove meses anteriores ao nacemento e os tres anos posteriores á devandita data ou, en caso de adopción, entre a data da resolución xudicial pola que se constitúa e os tres anos seguintes, sempre que a suma das contías das pensións recoñecidas sexa inferior á suma das pensións que lle corresponda á muller.

    2.ª No suposto de fillos ou fillas nacidos ou adoptados dende o 1 de xaneiro de 1995, que a suma das bases de cotización dos vinte e catro meses seguintes ao do nacemento ou ao da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción sexa inferior, en máis dun 15 por cento, á dos vinte e catro meses inmediatamente anteriores, sempre que a suma das contías das pensións recoñecidas sexa inferior á suma das pensións que lle corresponda á muller.

Contía

A contía  do complemento fixarase na correspondente Lei de Presupostos Xerais do Estado de cada ano.
No ano 2023, o importe é de 30,40 € mensuais por cada fillo ou filla, co límite de catro veces o devandito importe.
O complemento non se ten en conta na aplicación do límite máximo das pensións contributivas nin para determinar o complemento para pensións inferiores á mínima.

Efectos económicos

Dende  a data de efectos económicos da pensión contributiva de Seguridade Social que determina o dereito ao complemento.
O recoñecemento do complemento ao segundo proxenitor, que supoñerá a extinción do complemento recoñecido ao primeiro, terá efectos económicos o primeiro día do mes seguinte ao da resolución, se se dita dentro dos seis meses seguintes á solicitude ou, no seu caso, ao recoñecemento da pensión que a cause; pasado este prazo, os efectos serán dende o primeiro día do sétimo mes.

Pagamentos

O complemento abóase mensualmente con dúas pagas extraordinarias que se devindican coas mensualidades de xuño e de novembro.

Incompatibilidades/Compatibilidades

O percibo do complemento é incompatible coa percepción deste complemento polo outro proxenitor, polos mesmos fillos ou fillas.
No suposto de que os proxenitores sexan dúas mulleres, recoñecerase a que perciba pensións públicas cuxa suma sexa de menor contía.
No suposto de que os proxenitores sexan unha muller e un home que cumpra cos requisitos anteriormente sinalados, poderá percibilo o home se a suma das contías das súas pensións recoñecidas é inferior á suma das pensións que lle corresponda á muller.
Se os dous proxenitores son homes, recoñecerase aquel que perciba pensións públicas cuxa suma de menor contía.

Expedientes internacionais

Nos supostos nos que a pensión que determina o dereito ao complemento se cause, en aplicación de normativa internacional, por totalización de períodos cumpridos noutros países, o complemento aboarase na parte proporcional segundo o rateo aplicado á pensión á que acompaña.

Extinción

O complemento extínguese polas mesmas causas que a pensión á que acompaña (falecemento, etc.), ou no suposto no que o outro proxenitor o solicite e cumpra os requisitos.

Solicitudes

Solicitude da pensión de Jubilación, Incapacidade permanente e Viuvez.

Documentación

A documentación que debe presentar para o trámite da pensión está detallada no modelo de solicitude.
Solicitude de Incapacidade Permanente e de Viuvez.

Entidade competente

A xestión e o recoñecemento do dereito ao complemento corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social, agás os traballadores incluídos no campo de aplicación do Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar que corresponde ao Instituto Social da Mariña.

Mantemento transitorio do complemento por maternidade

As persoas que, o 4-2-2021, estivesen a percibir o complemento por maternidade por achega demográfica, manterán o seu percibo.

A percepción do complemento por maternidade será incompatible co complemento para a redución da fenda de xénero que puidese corresponder polo recoñecemento dunha nova pensión pública, podendo optar as persoas interesadas entre un ou outro.

Se o outro proxenitor dalgún dos fillos ou fillas que deu dereito ao complemento de maternidade, solicita o complemento de pensións contributivas e correspóndelle percibilo, a contía mensual que se recoñeza deducirase do complemento por maternidade, con efectos económicos dende o primeiro día do mes seguinte ao da resolución, sempre que esta se dite dentro dos seis meses seguintes á solicitude ou, no seu caso, ao recoñecemento da pensión que a cause; pasado o devandito prazo, os efectos produciranse dende o primeiro día do sétimo mes seguinte a esta.


Complementary Content
${loading}