Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta páxina
Valore este contido

Invalidez

Requisitos

  • Que a invalidez sexa absoluta e permanente  para a profesión habitual e sexa a causa determinante do cesamento no traballo.
  • Que non sexa por causa imputable ao traballador ou derivada dun accidente de traballo ou enfermidade profesional indemnizables.
  • Acreditar 1.800 días de cotización ao Seguro de Vellez e Invalidez (SOVI) antes de 1-1-67. Non se considera válida, a estes efectos, a simple afiliación ao extinguido Réxime de Retiro Obreiro.
  • Non ter dereito a ningunha outra pensión a cargo dos réximes  que integran o Sistema  da Seguridade Social ou a sectores laborais pendentes de integración no mesmo, con excepción das pensións de viuvez das que poidan ser beneficiarios.
  • Ter 50 anos cumpridos. Non obstante, se a invalidez está constituída pola perda total de movementos nas extremidades superiores ou inferiores, ou perda total de visión, ou alienación mental incurable, recoñécese a partir dos 30 anos.

Contido e contía

  • Consiste nunha pensión imprescritible, vitalicia e de contía fixa.

  • Se non existe concorrencia con outras pensións, o importe está constituído pola pensión básica máis as melloras. A partir do 01-01-2024, este importe é de 528,50 euros mensuais.

    Non se consideran pensións concorrentes as prestacións económicas recoñecidas ao abeiro da Lei 3/2005, do 18 de marzo, aos cidadáns de orixe española desprazados ao estranxeiro, durante a súa minoría de idade, como consecuencia da guerra civil, nin as pensións percibidas polos mutilados útiles ou incapacitados de primeiro grao por causa da pasada guerra civil española, calquera que fose a lexislación aplicable, as pensións extraordinarias derivadas de actos de terrorismo, nin o subsidio de axuda por terceira persoa. 

  • Se existe concorrencia con outras pensións, o importe é de 513 euros mensuais, a partir do 01-01-2024.

    Non obstante, cando a suma de todas as pensións concorrentes e as do citado SOVI, unha vez revalorizadas aquelas, sexa inferior á contía fixada en 2021 para a pensión de tal seguro concorrente, calculadas unhas e outras en cómputo anual, a pensión do SOVI revalorizarase nun importe igual á diferenza resultante. Esta diferenza non ten carácter consolidable, sendo absorbible con calquera incremento que poidan experimentar as percepcións do interesado, xa sexa en concepto de revalorizacións ou por recoñecemento de novas prestacións de carácter periódico.

    Se existe concorrencia cunha pensión de viuvez, a suma da pensión ou pensións de viuvez e a do SOVI non poderá ser superior ao dobre da pensión mínima de viuvez correspondente a beneficiarios con 65 ou máis anos vixente en cada momento, en cómputo anual. De superarse o límite indicado, minorarase a contía da pensión SOVI no importe necesario.

  • Abóanse 14 mensualidades ao ano.

Efectos económicos

O dereito nace cando se produce o feito causante e faise efectivo dende o día primero do mes seguinte a aquel en que teña entrada a solicitude.

Solicitudes e documentación

  • Documento Nacional de Identidade do solicitante.
  • Tarxeta de Identificación Fiscal do solicitante.
  • Se o interesado está casado: Libro de Familia ou certificado de matrimonio.
  • Documento Nacional de Identidade do cónxuxe e dos familiares maiores de 14 anos, que convivan co solicitante e ao seu cargo.
  • Esta documentación pode presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social.
Complementary Content
${loading}