Fillo ou menor a cargo
-
Considérase "fillo ou menor a cargo en réxime de acollemento familiar permanente ou garda con fins de adopción" aquel que conviva e dependa economicamente do beneficiario e reúna o resto de requisitos esixidos.
Enténdese, agás proba en contrario, que existe dependencia económica cando o fillo ou o menor acollido conviva co beneficiario. Non rompe a convivencia a separación transitoria motivada por razón de estudos, traballo dos proxenitores, adoptantes ou acolledores, tratamento médico, rehabilitación ou outras causas similares.
O causante non perderá a condición de fillo ou de menor a cargo polo simple feito de realizar un traballo lucrativo, por conta allea ou propia, sempre que continúe convivindo co beneficiario da prestación e que os ingresos percibidos por aquel en concepto de rendementos do traballo non superen o 100 % do SMI vixente en cada momento, en cómputo anual.
-
Considérase que o fillo ou o menor "non está a cargo" do beneficiario:
-
Se as rendas percibidas polo seu traballo ou por unha prestación substitutiva do salario superan o 100 % do SMI citado anteriormente.
-
Cando sexa perceptor dunha pensión contributiva a cargo dun réxime público de protección social español ou estranxeiro, distinta da pensión de orfandade ou da pensión en favor de familiares de netos e irmáns.